
Coincidindo co 130º aniversario do nacemento de Ramón Otero Pedrayo, a Deputación Provincial de Pontevedra celebrou no Sexto Edificio do Museo o acto de entrega do premio que leva o nome deste escritor á académica, escritora e catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, Margarita Ledo Andión.
Margarita Ledo é a primeira muller á que se entrega o Premio Otero Pedrayo nos 40 anos de historia do galardón. Convocado anualmente desde 1977 pola Xunta e o catro deputacións provinciais para recoñecer a traxectoria de personalidades que contribuísen a fomentar a cultura galega. A súa candidatura fora proposta pola Deputación de Pontevedra, á que este ano lle tocou convocar este galardón, dotado con 16.000 euros. O premio á académica lucense foi outorgado por unanimidade do xurado.
O fallo recoñece a traxectoria vital, profesional e intelectual de Margarita Ledo, marcada pola súa temperá militancia política, o exilio e o lectorado de galego na facultade de Letras da Universidade do Porto, o xornalismo comprometido e as primeiras investigacións sobre as relacións dos intelectuais republicanos galegos e portugueses. O xurado destacou ademais o seu papel como "pioneira" no uso de xéneros audiovisuais inéditos en Galicia, a perspectiva de xénero empregada en todos os seus traballos e investigacións ou a defensa do idioma galego e a identidade propia de Galicia.
Margarita Ledo Andión naceu en Castro de Rei (Lugo) en 1951 e é escritora, cineasta, doutora en Ciencias da Información pola Universitat Autònoma de Barcelona e catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. É membro da Real Academia Galega desde 2009, converténdose na quinta muller presente nesta institución, ocupando a cadeira que entre 1929 e 1976 tiña o escritor Ramón Otero Pedrayo.
O acto estivo presidido pola presidenta provincial, Carmela Silva, e contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e da académica e escritora, Fina Casalderrey, que foi a encargada de glosar a figura da autora gañadora. As intervencións musicais correron a cargo do dúo feminino Xonxas.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.