
Os números XVI-XVII da revista de poesía galega actual Clave Orión homenaxean os profesores Aurora López e Andrés Pociña. A publicación, que ofrece nesta entrega o seu volume noveno, presentárona o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a directora, escritora e académica da lingua galega Luz Pozo Garza. Ofrece un amplísimo percorrido ilustrado pola poesía galega actual entre os anos 2009 e 2017 e conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Falar de Luz Pozo Garza é falar dunha das grandes clásicas das letras galegas por excelencia e dunha das voces máis autorizadas da poesía e da literatura contemporáneas, destacou o secretario xeral de Política Lingüística, quen sinalou que é unha honra para o Centro Ramón Piñeiro seguir apoiando a publicación.
Tamén participaron no acto os colaboradores da publicación, Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer; os interventores da revista, Luís Alonso Girgado e Armando Requeixo; e a directora da área de literatura do Ramón Piñeiro, Blanca Ana Roig Rechou.
Poesía galega actual (2009-2017)
A revista Clave Orión naceu, herdeira de Nordés, como cabeceira independente en 1995 e ofrece, neste noveno volume da publicación no que se inclúen os números XVI e XVII dedicado monograficamente aos profesores Aurora López e Andrés Pociña en homenaxe, un amplísimo percorrido ilustrado pola poesía galega actual entre os anos 2009-2017.
A entrega figura dividida nas seccións O faro extraviado, Tributo a Federico García Lorca, Donas da palabra, Lembranza de Alexandra Koss, Mensura, Iwerddon, Parteluz, Tributo a Luís Pimentel, Paradiso, A pluma na man e Partitura. Contén colaboracións de Manuel Álvarez Torneiro, Carmen Blanco, Gabriel Bussi, Alex Evangelista, Cristina Fiaño, Arantxa Fuentes, Susana García de Quirós, Aurora López, María Lopo, Luis Maquieira, Shozo Nakanishi, Nieves Neira, María Novo, Olga Novo, Olga Patiño, Mar Pereira Vidal, María Pereira, Andrés Pociña, Luz Pozo Garza, Jacques Prévert, Claudio Rodríguez Fer, Meli San Martín, Aurora e Clementina Vidal.
A publicación edítase coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística, por medio do Centro Ramón Piñeiro, supervisada por Natalia Regueiro e Laura Piñeiro Pais e co labor como interventores de Luís Alonso Girgado e de Armando Requeixo.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.