Notas de prensa

O PSdeG denuncia que a Xunta négase a impulsar un grupo lácteo galego forte

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, instou á Xunta a impulsar un grupo lácteo galego “forte” que permita “garantir valor engadido para a produción” do sector, que supón hoxe máis dun terzo do total do Estado. Así o dixo o representante dos socialistas galegos no debate dunha pregunta oral á Xunta sobre as medidas previstas para defender aos produtores galegos.

O responsable socialista tomoulle a palabra ao presidente da Xunta, quen a finais de xaneiro sinalaba que o leite non debera saír de Galicia “sen valor engadido”. Advertiu da falla de iniciativa do Executivo diante dun problema que “non se tapa con anuncios de investimentos”, senón coa consolidación dun gran grupo que poida “asentar o valor engadido”.

Lembrou que Galicia produce hoxe o 40 por cento do total de leite do Estado, sendo a décima rexión produtora da UE, unha fortaleza que non se replica no sector industrial, xa que 7 de cada 10 litros son enviados fora de Galicia. Advertiu que a “gran capacidade produtiva” de Galicia, cun volume de negocio estimado en torno aos 8.840 millóns de euros, en realidade supón que “só 1.541 quedan en Galicia finalmente”.

Intermediarios

Ademais, o responsable socialista instou ao goberno galego a incrementar a súa implicación á hora de “poñer coto” aos intermediarios entre os produtores de leite e as empresas, que “inclúen negativamente nos prezos do leite”. Sinalou que “non é unha cuestión menor”, da que xa hai dous anos “se falaba deles pola urxencia para frear, regularizar e encauzar a estes manipuladores de prezos, que en última instancia carga sobre os propios gandeiros”.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias

Gabinete de Comunicación do PSdeG, 2018-02-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES