
Lorenzo destacou na súa intervención que Galicia aposta polo establecemento de sinerxías e modelos colaborativos entre entidades públicas, privadas e calquera axente con responsabilidade no patrimonio cultural para conseguir o meirande nivel de catalogación, preservación e difusión, con independencia da súa localización ou propiedade. O secretario xeral de Cultura avanzou as liñas nas que xa se está traballando, como Galiciana, Biblioteca e Arquivo Dixital de Galicia ou actuacións vinculadas coa recolección e xeorreferenciación da toponimia galega. Así mesmo, anunciou a convocatoria, nos vindeiros meses, de axudas para a dixitalización de fondos das institucións implicadas nesta Memoria Dixital de Galicia.
Ano Europeo do Patrimonio
Na reunión, o director xeral das Industrias Culturais e do Libro do Ministerio de Educación e Cultura, Óscar Sáez, explicou as principais iniciativas que está a impulsar o Goberno do Estado para conmemorar a celebración do Ano Europeo do Patrimonio. A este respecto, Anxo Lorenzo tivo ocasión de avanzar a participación de Galicia neste proxecto, para o que a Consellería de Cultura e Educación está a planificar unha programación de máis de 300 actividades ao longo de 2018. Baixo o lema Somos patrimonio, as iniciativas impulsadas polo Goberno galego estarán dedicadas cada un dos meses deste ano a un aspecto concreto do patrimonio, como o documental e bibliográfico, a Ribeira Sacra, a candidatura a Patrimonio da Humanidade das Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas, o patrimonio arqueolóxico ou os Camiños de Santiago, entre outros.
A orde do día da Comisión Sectorial tamén incluíu o trámite de audiencia da nova edición do Premio María Moliner, que na súa convocatoria de 2017 recoñeceu o labor desenvolvido a prol do fomento da lectura. Onte mesmo, a Biblioteca Pública Municipal de Verín recibía o galardón polo seu proxecto de voluntariado cultural con rapaces e rapazas, nos que son eles mesmos os encargados de difundir o hábito lector nun acto celebrado en Madrid e presidido polo ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo.
A revenda de entradas, a dixitalización de arquivos sonoros ou o depósito legal das publicacións en liña foron outros dos temas que centraron a reunión da Comisión Sectorial de Asuntos Culturais, un órgano de cooperación interterritorial que ten como finalidade a actuación coordinada en materia de cultura, o intercambio de información e a articulación da participación das CC.AA. en Europa, así como a coordinación dos poderes públicos na promoción, defensa e difusión da cultura.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.