
Tamén está aberto o prazo para anotarse a unha xornada sobre dereitos de autor prevista para o 22 de febreiro e para outra cita (15 de febreiro) que aborda a situación dos refuxiados desde o ámbito científico. A inscrición pode facerse a través do sitio web da institución.
Refuxiados, patrimonio e dereitos de autor son as temáticas das próximas propostas que se desenvolverán no Consello da Cultura Galega. A recuperación do castro de San Lourenzo xurdiu principalmente da iniciativa da comunidade local, que promoveu un proxecto no que participaron varias universidades (USC e País Vasco) e fundacións (Abanca). Un castro moi complexo que experimentou sucesivas ocupacións e reocupacións ao longo de practicamente 2000 anos, cuxos investigadores mostrarán os primeiros resultados a vindeira semana.
O 15 de febreiro terá lugar a xornada Persoas Refuxiadas ConCiencia, que nace como punto de encontro para reflexionar desde o contexto científico sobre os movementos de persoas refuxiadas. A cita pretende identificar histórica e socialmente estes movementos con relatorios de persoas expertas no exilio científico español e galego. Dentro desta perspectiva histórica, analizamos nomeadamente as leccións aprendidas e por aprender do antisemitismo. Anxo Carracedo, Luis Enrique Otero Carvajal, José Edelstein, Eleuterio Toro ou Gabriel Tizón son algúns dos participantes.
Dereitos de autor, lei aplicable e percepción social é o título dunha xornada que terá lugar o 22 de febreiro e pretende contribuír a difundir as cuestións básicas de dereitos de autor que cómpre ter en conta na sociedade rede segundo o novo marco normativo e coñecer aqueles aspectos sometidos a análise e revisión. Unha cita en que participan os profesores José Ignacio Aguaded, Javier Díaz Noci e Raquel Xalabarder.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.