
Nunha sesión que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e no marco da función asesora que ten establecida por lei, o Consello da Cultura Galega presentou varios informes. Un deles informaba sobre os fondos patrimoniais e culturais do Centro Galego de Bos Aires. No seu informe, o CCG considera que o patrimonio cultural (artístico, documental, bibliográfico, musical e hemerográfico) que custodia o centro constitúe un legado imprescindible que merece o máis alto grao de protección xurídica para garantir a súa integridade e a súa conservación no futuro. O informe non pretende entrar na situación inmobiliaria e de xestión do centro senón na relevante manifestación material e inmaterial, mesmo simbólica, da cultura de Galicia. O Consello ofrécese a prestar o apoio que se lle solicite para garantir que o legado cultural e inmaterial manteña a súa integridade. Para iso, lembra o cumprimento legal establecido tanto na Lei de galeguidade (7/2013, do 13 de xuño) como na do Patrimonio Cultural de Galicia.
O outro dos informes aprobado fai referencia ao valor patrimonial do conxunto artístico e arquitectónico integrante do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside (O Castro-Sada), para o que considera necesario aplicar a protección propia dos Bens de Interese Cultural (BIC). Ademais, tamén considera que colección e edificio merecen a protección necesaria para garantir a súa permanencia e preservación indisociablemente unidos, xa que a colección de arte so se comprende e pode ser asumida no marco do edificio que a acolle. Por último, e aínda que non é obxecto principal deste informe, consideramos que unha adecuada xestión do Museo Carlos Maside esixe dotalo dunha personalidade xurídica única que garanta non só a preservación dos seus contidos senón tamén a súa posta en valor, a difusión e o enriquecemento dos seus fondos.
Este apartado complétase cun repaso doutros informes que se están a elaborar como un sobre o ensino e a lingua galega entre os anos 2005 e 2017; outro sobre o monte e os bens patrimoniais; outro sobre a situación da muller na cultura galega e outro sobre materiais de diagnóstico para a Estratexia da Cultura Galega.
Xornadas, congresos e conferencias para 2018
O Consello da Cultura Galega conta para o ano 2018 cun orzamento de 2 547 225 euros, 74 645 máis que en 2017, cos que financiará o seu programa de actividades, así como o funcionamento ordinario da entidade. O plenario contou coa participación do presidente de Honra, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo
A actividade comeza o día 18 de xaneiro coa celebración dunha xornada sobre un tema de actualidade como son os incendios forestais. Será un coloquio ao que asistirán especialistas de Galicia e de Portugal. Ao longo deste ano terá lugar a vixésima edición dos Encontros de Normalización Lingüística e o congreso Diáspora e nacionalismo galego, co que se pecha o ciclo iniciado en 2016 sobre as Irmandades da fala.
No calendario están programadas varias exposicións. Unha delas falará das sociedades corais nos tempos das Irmandades da Fala. Esta mostra pretende facer unha revisión do período das Irmandades a través das sociedades corais, que impulsaron e promoveron a normalización da lingua e a cultura de Galicia. A mostra céntrase principalmente nos catro coros históricos que manteñen a súa actividade artística: a Coral de Ruada (Ourense), Cántigas da Terra (A Coruña), Cantigas e Agarimos (Santiago) e o coro Toxos e Froles (Ferrol). A exposición achega documentación variada que abrangue partituras, vestiario, escenografía, libretos
que dan conta da súa faceta musical e teatral.
Ademais, o CCG prepara unha mostra que pretende amosar as sesenta e catro personalidades que Castelao citou no seu célebre discurso político coñecido como Alba de Gloria (que pronunciou o 25 de xullo de 1948 en Bos Aires). Outra delas recolle o legado do fotoxornalista Cancelo e permítenos recoñecer figuras populares da época que vai da segunda república ao franquismo como Santiago Casares Quiroga, Manuel Azaña, Serrano Suñer e o propio Francisco Franco, pero tamén a ollada de xentes anónimas que serven de radiografía fiel da sociedade coruñesa da época.
Como vén sendo habitual, o CCG tamén se ocupará da figura de María Victoria Moreno, homenaxeada para o Día das Letras Galegas, da que reeditará a súa obra Mar adiante.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.