Notas de prensa

A USC imponlle a Insignia de Ouro a Michèle e Armand Mattelart no marco do Congreso de Agacom

O reitor Juan Viaño impón a Insignia de Ouro da USC a Michèle e Armand Mattelart, reputados investigadores no ámbito da comunicación. Michèle e Armand Mattelart participan en Compostela no I Congreso Internacional da Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (AGACOM) que se celebra co lema xenérico Alén das fronteiras: redes de diversidade.

A Insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela concédeselle a aquelas persoas físicas que sobresaian dun xeito especial nos servizos prestados á institución académica compostelá. O acto institucional de imposición celébrase ás 13.00 horas do martes 21 de novembro no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación coa participación da catedrática Margarita Ledo para realizar a laudatio dos dous investigadores homenaxeados.

A proposta de outorgamento deste recoñecemento realizada pola Facultade de Ciencias da Comunicación subliña a influencia destacada do pensamento dos Mattelart na modernización dos estudos de comunicación na España das últimas dúas décadas do século XX “e, sobre todo, na orixe e desenvolvemento da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC”.

Michèle e Armand Mattelart participan en Compostela no I Congreso Internacional da Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (AGACOM) que se celebra co lema ‘Alén das fronteiras: redes de diversidade’ e cuxa inauguración presidiu este luns o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, xunto a quen tamén interviñeron o decano da Facultade, Xosé R. Pousa; o presidente da asociación, Francisco Campos; e a catedrática Margarita Ledo.

NotaO recoñecido sociólogo e catedrático de Ciencias da Información e Comunicación da Universidade de París VIII Vincennes-Saint Denis, Armand Mattelart, pronunciou a conferencia inaugural titulada ‘Redes de vixilancia’. O programa proseguiu cun panel co lema ‘Lingua, comunicación e redes na diversidade’ e no que interviñeron o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes; o profesor da Universidade París VIII Vincennes-Saint Denis, Jacques Guyot; o presidente da asociación de investigadores de Cabo Verde (Mediacom), Silvino Lopes; e a xornalista María Yáñez, moderados polo presidente de AGACOM Francisco Campos Freire. Para pechar o programa matinal, a profesora da Universidade da Coruña Carme Costa coordina unha sesións sobre a presentación de iniciativas, libros e revistas científicas.

Pola tarde, será a quenda da presentación simultánea de comunicacións que se organizarán en torno a sete grupos temáticos: historia da comunicación; estrutura, medios e soportes da comunicación; publicidade, relacións públicas e comunicación organizacional; teorías, métodos e técnicas de investigación da comunicación e da recepción dos medios; políticas da diversidade e discursos de xénero; cibercomunicación e cultura dixital; e miscelánea doutros.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2017-11-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES