Notas de prensa

O documental Vigo 1972, a hora da memoria, en Santiago de Compostela e Ferrol

Esta obra audiovisual, na que colaborou CCOO, preséntase en Compostela e Ferrol. 'Vigo 1972, a hora da memoria' relata os sucesos de setembro de 1972, hai 45 anos. Seis meses despois do asasinato de Amador Rey e Daniel Niebla en Ferrol, abatidos pola policía franquista, a mecha da reivindicación prendeu en Vigo cunha folga xeral que durou tres semanas e na que participaron máis de trinta mil traballadores.

Vigo 1972 chega ás pantallas grazas á produtora Arthur Gordon, ao traballo do director e guionista Roi Cagiao e do produtor executivo Emilio J. Fernández. Destaca a colaboración prestada por organizacións como o Foro pola Memoria de Galicia, a Asemblea Republicana de Vigo e a Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo.

A longametraxe relata os sucesos de setembro de 1972, hai 45 anos. Seis meses despois do asasinato de Amador Rey e Daniel Niebla en Ferrol, abatidos pola policía franquista, a mecha da reivindicación prendeu en Vigo cunha folga xeral que durou tres semanas e na que participaron máis de trinta mil traballadores e traballadoras. Meses despois dos tráxicos sucesos do 10 de marzo de Ferrol, a comarca viguesa converteuse no epicentro do movemento obreiro e plantou cara ás estruturas represoras do franquismo.

A fita recolle testemuños de protagonistas destes feitos, en boa medida ligados ás Comisións Obreiras, nomes coñecidos como Waldino Varela, Carlos Núñez Rodríguez, Elvira Landín, Carlos Barros ou Camilo Nogueira, entre outros. Intercálanse as súas voces con material de arquivo, tanto fotográfico como audiovisual, así como recreacións.

En Ferrol poderase ver o venres 17 de novembro, ás 20:15 horas, nos Cines Dúplex. O documental proxectarase diariamente ata o xoves día 23 nese mesmo horario, agás os luns, en que a sala pecha. Na capital de Galicia, a longametraxe proxectarase o venres 17 ás 20 horas nos Multicines Compostela, con presentación previa a cargo do equipo do documental. Os restantes días programarase ás 19 horas.

Gabinete de Comunicación de CC.OO., 2017-11-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES