
Este foro bilateral desenvólvese no Liceo, onde os participantes foron recibidos polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Agadic, Jacobo Sutil; a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e o director do OUFF, Fran Gayo. Tras esta benvida, deron comezo as primeiras das máis de 80 reunións concertadas pola organización para que os responsables das compañías acreditadas entren en contacto directo con potenciais socios estratéxicos cara á coprodución de proxectos para cinema e televisión.
O director da Agadic referiuse á consolidación desta iniciativa como necesaria plataforma para afondar nas relacións entre os sistemas audiovisuais galego e luso, tanto no eido institucional como profesional. O impulso da relación cos axentes das industrias creativas e culturais de Portugal é unha prioridade para a Xunta de Galicia, engadiu Sutil.
Neste sentido, agradeceulles ás empresas participantes a súa positiva resposta á convocatoria da Agadic e do ICA, así como ao Concello de Ourense a súa colaboración á hora de desenvolver este evento dentro do seu Festival de Cine Internacional. Situar esta xuntanza como unha actividade dentro do OUFF facilítanos a posibilidade de sumar esforzos para a proxección internacional do noso cinema e implica activamente á Xunta na filosofía do festival de lle sumar á carteleira de proxeccións sinerxías de traballo dinamizadoras do sector audiovisual en toda a súa extensión, concluíu.
Empresas asistentes
Ademais dos representantes institucionais, este terceiro encontro de coprodución está a propiciar o intercambio entre 15 entidades galegas e 12 portuguesas. Pola banda galega, participan a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), Adiviña Producións, Agallas, Cinemar, Control Z, CTV, Ficción Producciones, Ollo Vivo, Portocabo, Recrea, Sr. Pause, Vía Láctea Filmes, Voz Audiovisual, Walkie Talkie Films e Televisión de Galicia (TVG).
Desde Portugal desprazáronse ata Ourense os representantes de Anexo 82, Animais AVPL, David&Golias, Jumpcut, Lightbox, Lx Filmes, Mares do Sul, Original Features, Stopline Filmes, Take 2000, Zulfilmes e Radio Televisão de Portugal (RTP).
Os participantes chegan a este foro tanto con proxectos cinematográficos como televisivos en fase de desenvolvemento, que están a ser postos en común nas roldas de reunións na procura de novas oportunidades de financiamento. O obxectivo último é a coprodución de produtos audiovisuais que, ademais da colaboración económica, implique tamén o intercambio de profesionais técnicos e artísticos entre ambas as beiras do Miño.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.