Notas de prensa

O Museo de Historia Natural convida este sábado a unha visita no seu 3º aniversario

Con motivo do terceiro aniversario da apertura do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o sábado 21 de outubro ten lugar unha visita guiada de acceso libre e gratuíto para o público xeral. Nos 3 anos que leva aberto visitárono 60.000 persoas, moitas con visitas guiadas e centros de ensino en todos os niveis, especialmente primaria e secundaria.

Ademais, aos obradoiros, tanto infantís como de adultos ou familiares que organizan constantemente, asistiron neste período preto de 1.000 persoas. A entrada ao museo, que abre de martes a domingo, oscila entre 1 e 3 euros, con prezos especiais para familias. O primeiro mércores de cada mes a entrada é gratuíta.

O museo e as súas xoias

Os principais espazos do museo agrúpanse arredor da Biodiversidade e Biodiversidade Terrestre, na planta baixa, e dos apartados dedicados a Xeodiversidade e Solo e Biodiversidade Mariña na primeira. Así, dende un espazo multimedia dedicado á comprensión da biodiversidade, a exposición permanente do MHN é un singular percorrido pola fauna e flora das augas continentais e dos bosques galegos ou pola xeodiversidade cunha detallada colección de minerais, pedras preciosas e semipreciosas, rochas, fósiles ou meteoritos. Tamén ten o seu espazo a biodiversidade mariña, as algas, os invertebrados, os peixes ou o litoral galego e outros ecosistemas máis lonxanos como a selva sudamericana ou a sabana africana.

O museo alberga pezas singulares de gran valor para o estudo e a divulgación da biodiversidade e o medio ambiente, concretamente no relativo ao solo, a cristalización dos minerais ou á malacoloxía. Así, por vez primeira en España exponse unha sala dedicada ao solo, cunha reprodución a escala dun fragmento de chan cortado en sección de xeito que se poden apreciar distintos elementos que inciden na súa conformación ou a súa relación coa fauna e a flora.

Uns metros antes, tamén na primeira planta, exponse unha colección única en España polo seu grao de detalle e unha das mellores do mundo de modelos de madeira coas formas xeométricas de cristalización das distintas especies minerais. É unha colección elaborada no século XIX baixo a dirección de René-Just Haüy, recoñecido como o fundador da Cristalografía.

Xunto estas dúas valiosas propostas, o Museo de Historia Natural é depositario da mellor colección de Europa e unhas das primeiras de todo o mundo no seu ámbito temático, a Colección Malacolóxica Emilio Rolán, cun volume próximo ao millón de pezas. Emilio Rolán está recoñecido como o investigador que máis especies mariñas ten descuberto e descrito, máis de 900.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2017-10-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES