Notas de prensa

Chus Pato gaña o Premio Mondoñedo 10 co libro de poesía Hordas de escritura

Hordas de escritura (Xerais, 2008) é o mellor libro de poesía da década. Así o considera o veredicto do Premio Mondoñedo 10 deste ano, que lle se entrega o domingo 22 de outubro á académica de número Chus Pato. O Premio Mondoñedo 10 foi creado en 2016 para recoñecer cada 10 anos o mellor traballo nunha modalidade creativa.

O xurado recoñece a importancia dunha obra "con vocación experimental" na que a poeta "intenta artellar un discurso de colectividade na liña da poesía moderna escapando do suxeito lírico individual". Salienta tamén o xurado a vontade de Hordas de escritura de "superar os límites da linguaxe poética convencional, transgredindo os xénero literarios" e considera este título "un paso adiante no proxecto de indagación das posibilidades da linguaxe poética que a autora desenvolve".

O Premio Mondoñedo 10 foi creado en 2016 para recoñecer cada ano, en ciclos de dez, o mellor traballo nunha modalidade creativa. Na primeira edición, dedicada á narrativa, a obra gañadora foi Os libros arden mal do tamén académico Manuel Rivas. Nesta ocasión foi a quenda da modalidade de poesía, na que Chus Pato tamén foi finalista con outro título, Carne de Leviatán (Galaxia 2013).

Os membros do xurado seleccionaron outros once títulos finalistas: Atravesar o fantasma de Carlos Callón (Xerais, 2014), Celebración (Apiario, 2014) de Gonzalo Hermo, Cráter (Toxosoutos, 2011) de Olga Novo, Duración da penumbra (Centro PEN Galicia, Xunta de Galicia, Afundación, 2016) de Miguel Anxo Fernán Vello, Estirpe de sombras (Editorial Barbantesa, 2014) de Raida Rodríguez Mosquera, Estúrdiga materia (Galaxia, 2008) de Luís González Tosar, Eu violei o lobo feroz (Através Editora, 2013) de Teresa Moure, Leopardo son (Espiral Maior, 2011) de Pilar Pallarés, Os ángulos da brasa (Kalandraka, 2011) de Manuel Álvarez Torneiro, Profundidade de campo (Espiral Maior, 2007) de Yolanda Castaño e Sextinario: trinta e seis +tres (Sotelo Blanco, 2007) de Marica Campo.

Real Academia Galega (RAG), 2017-10-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES