Notas de prensa

Destácase a importancia da etiquetaxe en galego como sinal de identidade e de proximidade co cidadán

O secretario xeral de Política Lingüística inaugurou a xornada ‘Etiqueta na túa lingua’, que organiza o Consello da Cultura Galega. O encontro busca analizar a presenza da lingua galega, entre outras, no comercio e na industria. A promoción da etiquetaxe na lingua propia de Galicia é un dos obxectivos do Plan de dinamización da lingua.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou na apertura da xornada Etiqueta na túa lingua, camiña polo mundo con identidade a importancia e o valor da etiquetaxe en galego como sinal de identidade e proximidade, tanto para o tecido empresarial como para o público consumidor. García Gómez recordou tamén que a promoción da etiquetaxe na lingua propia de Galicia é un dos obxectivos recollidos no Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico, posto en marcha pola Xunta de Galicia, neste encontro organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración con Política Lingüística coa finalidade de analizar a presenza da lingua galega e doutras linguas minoritarias no comercio e na industria.

Canda el, participaron na mesa de apertura o presidente do CCG, Ramón Villares, e mais o catedrático emérito de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela, José Antonio Gómez Segade. O foro desenvolverase ao longo do día de hoxe, baixo a coordinación de Rosario Álvarez, Xosé López García, Manuel Gago e Rosa Aneiros.

Cita con experiencias empresariais

Etiqueta na túa lingua, camiña polo mundo con identidade é unha cita con experiencias empresarias que arrancou cunha descrición do marco legal a cargo de José Antonio Gómez Segade, á que seguiu a mesa redonda A lingua galega como posicionamento e valor de mercado, moderada por Alba Nogueira coa participación de Alberto Pena, profesor titular de Historia da Propaganda e da Publicidade da Universidade de Vigo; Anxo Tato, catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo; José María Fonseca Moretón, de Bodegas Terras Gauda; Edita de Lorenzo, da Asociación PuntoGal, e Iván Fernández, de Comunicación e Márketing de Galicia Calidade da Xunta de Galicia.

Pola tarde Juan Manuel Corbacho Valencia, vicerreitor do campus de Pontevedra e profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, falará de promoción de produtos etiquetados en linguas minoritarias. A seguir, a mesa redonda moderada por Enrique Sáez Ponte Marca e etiquetaxe en lingua galega contará coa presenza de Patricia Sánchez Lorenzo, de Leite Noso; Lito Andión, da Cooperativa Hoxe; Adriana Freire, de Dinahosting, e Francisco Kike Piñeiro da Horta do Obradoiro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES