Notas de prensa

Gábase a figura de Fernández Albor como un líder tranquilo e integrador

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na USC na inauguración do simposio Xerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidente, onde gabou a figura de Fernández Albor, a quen definiu como "un líder tranquilo e integrador". "Don Gerardo representa os valores de convivencia, respecto e tolerancia", dixo.

O titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia repasou os grandes fitos históricos desde o nacemento de Fernández Albor, en 1917, posto que, segundo salientou, "non se pode entender a súa historia propia sen analizar o contexto histórico e internacional; a historia profesional e persoal de Albor é a historia de todos nós, da Galicia contemporánea". Así mesmo, o conselleiro agradeceu o traballo dos organizadores do simposio, coordinado polo foro Galicia Milenio, por relembrar a unha das figuras clave da Galicia autonómica.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

O reitor Juan Viaño presidiu a inauguración do simposio internacional ‘Xerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidenteÂ’, que se desenvolve en Compostela ata o sábado 16. Na sesión inaugural participaron tamén o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva Ãlvarez; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega Sánchez; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; e o presidente do Comité Organizador, o profesor Marcelino Agís Villaverde. Entre os asistentes atopábanse numerosas personalidades, como o reitor da Universidade da Coruña Julio Abalde, a valedora do Pobo, Milagros Otero, ou o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, entre outros.

Este simposio internacional arredor de Fernández Albor é “unha homenaxe merecida”, en palabras de Juan Viaño, que permite facer un “repaso e un balance da súa relevante traxectoria vital e política e das súas achegas a engrandecer a nosa Galicia”. A intervención do reitor aludiu á traxectoria vital do ex presidente autonómico e particularmente á súa vinculación coas aulas universitarias e coa USC, ás que accede no curso 1933-1934 para iniciar estudo de Medicina. Como presidente da Xunta de Galicia, o reitor cualificou e “incuestionable” a consideración que sempre tivo coa institución universitaria “pois non concibía o crecemento social sen a compaña do labor da Universidade”. Foi quen de “ver máis alá e de identificar o valor que esta institución podía achegar á sociedade”, engadiu o reitor.

Ao longo das dúas xornadas –a do sábado desenvolverase na Cidade da Cultura– sucederanse diversos relatorios e mesas redondas e de debate agrupados en paneis temáticos sobre acontecementos históricos do século pasado, a escola médica compostelá, o rexurdir da cultura e das institucións galegas, os alicerces da Galicia autonómica e as novas realidades políticas nos contextos galego, español e europeo.

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, pronunciou horas a conferencia inaugural titulada ‘Xerardo Fernández Albor e o galeguismo político do século XX’, á que seguiu a mesa redonda ‘Un compostelán chamado Xerardo Fernández Albor’. Deseguido foi a quenda do segundo panel do encontro, centrado na escola médica compostelá e na que se abordará coa participación de docentes da USC a transformación da práctica clínica hospitalaria en Compostela.

Pola tarde, ás 16.00 horas comeza o panel sobre o rexurdir da cultura e das institucións galegas cun mesa redonda na que participarán representantes de Editorial Galaxia, da SEPT, da Fundación Penzol e da Real Academia Galega. Esta xornada complétase co bloque temático dedicado aos ‘Alicerces da Galicia Autonómica’.

No acto de clausura, presidido o sábado 16 a partir das 13.30 horas polo presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, entregaráselle a Fernández Albor a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, concedida polo Consello de Ministros o 9 de xuño de 2017.

Con anterioridade, ás 10.00 horas comezará o derradeiro panel do encontro, sobre ‘As novas realidades políticas en Galicia, España e Europa’, e que contará coa conferencia do presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, titulada ‘O nacemento da Autonomía galega’ e coa celebración da mesa redonda ‘Da España das autonomías á Europa unida’. Completarán a quenda de intervencións o ex ministro Marcelino Oreja Aguirre e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que pronunciará a conferencia de clausura, titulada ‘Galicia e os desafíos do Estado das Autonomías’.

Paralelo ao simposio, os organizadores montaron unha exposición fotográfica con documentos cedidos por varias institucións e a propia familia de Fernández Albor. A mostra, que comisaría José M. García Iglesias, poderá visitarse o venres 15 no Colexio de Fonseca e o sábado na Cidade da Cultura

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia + Gabinete de Comunicación da USC, 2017-09-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES