
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a aposta do ensino galego por anticipar as necesidades que terá a nosa sociedade no futuro, co plurilingüismo e a educación dixital e tecnolóxica.
“Na Galicia de mañá, todos os alumnos do ensino obrigatorio galego terán a posibilidade de educarse nun sistema plurilingüe; poderán acceder a formación en robótica e programación; haberá un bacharelato de excelencia que aposte polas ciencias e as matemáticas; e todos contarán con acceso ao libro dixital”, aseverou.
Durante unha visita ao IES Eduardo Blanco Amor con motivo do inicio do curso na ESO, bacharelato, FP e as ensinanzas de réxime especial, Feijóo subliñou que todas estas medidas xa están deseñadas na folla de ruta que segue o ensino galego, como a Estratexia galega para a educación dixital 2020, aprobada onte no Consello da Xunta.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico lembrou que, a dÃa de hoxe, son xa máis de 100.000 os mozos de colexios e institutos que reciben un ensino plurilingüe; hai máis de 80 centros educativos que imparten educación plurilingüe en infantil e outros catro que a introducen no bacharelato; e, nos últimos tres cursos, se puxeron en marcha 13 materias de libre configuración autonómica, como Oratoria ou Métodos estatÃsticos.
Nesta mesma liña, salientou que en Galicia o transporte escolar é totalmente gratuÃto e chega a preto de 90.000 alumnos.
Feijóo destacou o esforzo e a implicación de toda a comunidade educativa que fixo posible que, entre 2009 e 2016, Galicia reducise a taxa de abandono escolar temperán pasando do 26% ao 15%.
Asà mesmo, recordou que o 92% do alumnado con necesidades educativas especiais está plenamente integrado na educación e estuda nos mesmos centros que os seus compañeiros, grazas ao excelente labor dos máis de 3000 profesionais que lles brindan atención.
O titular da Xunta rematou agradecendo o traballo do profesorado e a súa aposta polo futuro e por contribuÃr a facer unha Galicia máis libre, máis solidaria e máis culta.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.