Notas de prensa

Para Feijóo, a carteira de pedidos constata a diversificación e innovación do naval galego

O titular da Xunta asistiu, no estaleiro Freire, ao acto de entrega do buque escola N/C 705 K.R.I Bima Suci para o Ministerio de Defensa da República de Indonesia. Feijóo afirma que a actual carteira de pedidos constata a aposta do naval galego pola diversificación e a innovación como tarxeta de presentación e imaxe de marca.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que a actual carteira de pedidos dos estaleiros galegos constata a aposta da industria naval galega pola diversificación e a innovación tecnolóxica como tarxeta de presentación e imaxe de marca.

Durante o acto de entrega no estaleiro Freire do buque escola N/C 705 K.R.I Bima Suci para o Ministerio de Defensa da República de Indonesia, Feijóo aseverou que o sector soubo facer da innovación e da diversificación a súa aposta de futuro, como proban os sete buques que neste primeiro semestre do ano saíron das gradas galegas. “Hoxe, falar do naval galego é falar de remolcadores, pesqueiros, buques oceanográficos, ferris, cruceiros de luxo ou eólica mariña”, salientou, incidindo en que a especialización tecnolóxica, reforzar o prestixio internacional e afianzar a súa competitividade son os compromisos do sector.

Así mesmo, lembrou que a renovación da flota pesqueira está a ser outro dos nichos de mercado, cun total de 12 buques en fase de construción en varios estaleiros galegos.

Ao longo da súa intervención, Feijóo resaltou que Galicia é a comunidade que actualmente lidera o número de contratos logrados en toda España: no primeiro semestre de 2017, o 47% dos contratos adxudicados ao sector en toda España foron firmados en Galicia. E a carteira de pedidos en vigor, representa algo máis do 40% do total de España.

O titular da Xunta asegurou que este buque escola que se entrega á Armada de Indonesia, o maior buque escola construído ata o momento na ría de Vigo, demostra a capacidade da Comunidade galega para liderar o sector en toda España e para competir en concursos internacionais altamente esixentes e gañalos.

Nesta liña, destacou que fixeron falta dous anos de traballo e preto de 300 traballadores para, hoxe, ver materializado todo ese esforzo neste buque de máis de 100 metros de eslora, con todos os servizos necesarios para os alumnos que van formar parte da súa tripulación.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES