Notas de prensa

Galicia opta a converterse en rexión vitivinícola do ano para a prestixiosa revista especializada americana Wine Enthusiast

Turismo de Galicia celebra esta candidatura ao recoñecer o enorme potencial enoturístico da Comunidade galega vencellado coa gastronomía e a paisaxe. Os gañadores dos premios da publicación Wine Enthusiast, considerada como unha das revistas de viños máis influentes de Estados Unidos, coñeceranse en xaneiro de 2018.

A comunidade galega opta a converterse en Rexión Vitivinícola do Ano 2017, un recoñecemento outorgado pola prestixiosa revista especializada norteamericana Wine Enthusiast no marco dos seus premios anuais Wine Star. Trátase duns galardóns que esta publicación estadounidense outorga desde hai case 20 anos para recoñecer, en diferentes categorías, a contribución de personalidades, empresas e destinos vencellados ao viño en todo o mundo.

No caso de Galicia, a revista valora o seu gran potencial enoturístico reforzado polo traballo levado a cabo nas cinco denominacións de orixe vitivinícolas, atributos que, segundo a publicación, poñen a Galicia no mapa do amante do viño. Wine Enthusiast ten en conta ademais a capacidade da comunidade galega por saber maridalos coa gastronomía e cualifica os viños das denominacións de orixe de Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras como “dos máis interesantes de España”.

A Comunidade galega comparte candidatura con destinos de todo o mundo como a localidade australiana de Margaret River; o condado estadounidense de Sonoma, en California; as rexións do suroeste de Francia ou a localidade italiana de Umbría.

Potencial enoturístico demostrado

Turismo de Galicia celebra esta candidatura ao demostrar o papel da Comunidade galega como destino con gran potencial enoturístico que achega un gran valor engadido, ademais de constatar a demanda crecente polo viño e a súa cultura no ámbito nacional e internacional. Aspectos todos estes incluídos na folla de ruta do turismo galego, a Estratexia do turismo de Galicia 2020, que a Administración autonómica está a levar a cabo para acompañar o crecemento ordenado de visitantes que escollen Galicia como destino.

Neste sentido, Turismo de Galicia está a reforzar o seu papel ofrecendo paquetes experienciais novidosos que se complementen co turismo activo, gastronómico e cultural, incentivando as Rutas do Viño como dinamizadoras do destino, así como con reforzos promocionais como a campaña 5 galegas en Madrid e 5 galiciennes à París!, que estes días está a promover a imaxe de Galicia a través dunha innovadora promoción en Madrid e París baseada nos recursos enolóxicos cun enfoque xovial e desenfadado.

Os gañadores dos premios da publicación Wine Enthusiast, considerada como unha das revistas de viños máis influentes de Estados Unidos, nas categorías de Rexión Vitivinícola do Ano, Persoa do Ano, Adega Americana do Ano, Adega Europea do Ano, Nova Adega do Ano, Enólogo do Ano, Importador do Ano, Distribuidor do Ano, Somelier do Ano, Espirituoso do Ano, Cocteleiro do Ano e Estrela do Ano serán anunciados o vindeiro mes de xaneiro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES