45 coches antigos inscritos na segunda edición da "Ruta de Mosteiros e Castelos"
A segunda edición da "Ruta de Mosteiros e Castelos" conta, ata o momento, con 45 coches antigos inscritos, vehÃculos do ano 1900 ao 1969, que se darán cita o dÃa 19 de agosto no municipio de Xunqueira de AmbÃa nun evento turÃstico e gastronómico que pon en valor o patrimonio histórico da zona. A presentación tivo lugar hoxe no Pazo Provincial.

No acto participou o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; a organizadora do evento, Beatriz Crespo; o alcalde e o concelleiro de Xunqueira de AmbÃa, José Luis Gavilanes e Rubén Seara, respectivamente.
O deputado provincial de Cultura lembrou a tradición automobilÃstica da provincia de Ourense "sendo moitos os municipios que albergan eventos relacionados co mundo do motor, como o que hoxe estamos a presentar". Asemade Manuel Doval sinalou que esta iniciativa, que discorre pola nosa provincia, "pon en valor non só o municipio de Xunqueira de AmbÃa senón tamén outros concellos da zona, ofrecendo aos participantes unha xornada de ocio e gastronomÃa" e destacou a importancia "de investir en cultura para desenvolver eventos que fomenten o turismo".
O alcalde de Xunqueira de AmbÃa sinalou que se trata dun evento que "pretendemos consolidar no tempo, xunto con outras iniciativas que xa levamos moitos anos a desenvolver, para poñer en valor o patrimonio histórico do noso municipio". Os coches que van a participar na ruta "deben ser anteriores ao ano 1969 para que vaian en consonancia coa ruta patrimonial que vamos a realizar", engadiu José Luis Gavilanes.
Pola súa parte, a organizadora do evento explicou o percorrido da ruta que comezará ás 12.00 horas en Xunqueira de AmbÃa e pasará polos municipios de Monterrei, Laza e Vilar de Barrio, e rematará ás 20.00 horas en Xunqueira de AmbÃa. "O prezo da inscrición, que tamén inclúe a comida e a cena, é de 45 euros", explicou Beatriz Crespo, e engadiu "ata o momento hai 45 inscritos non só de Ourense senón tamén de Tui, Vigo, A Coruña e Portugal pero, os interesados en participar, aÃnda poden anotarse ao longo de toda esta semana a través do número de teléfono 648051013 ou no Concello de Xunqueira de AmbÃa".
Deputación de Ourense, 2017-08-10
Actualidad

Galicia consolida o seu liderado na taxa de escolaridade de 0 a 3 anos e mantense por riba do 60%, máis de 13 puntos superior á media de España, segundo os últimos datos oficiais que vén de publicar o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Esta porcentaxe sitúa á nosa comunidade ao nivel dos paÃses con maiores Ãndices de benestar en Europa, como Suecia ou Dinamarca. Galicia é a comunidade autónoma onde o programa da gratuidade é máis completo, xa que ningunha outra ofrece ata 8 horas diarias e 11 meses por curso atención educativa totalmente de balde ao 100% do alumnado e en todas as escolas infantÃs: as públicas, as de iniciativa social e as privadas.

Os complexos hospitalarios universitarios de Santiago de Compostela e de Vigo veñen de ser seleccionados para a administración de terapias CAR-T en pacientes adultos. Esa designación formalizarase mediante resolución da SecretarÃa de Estado de Sanidade, logo da validación por parte do Grupo Institucional do Plan para a Abordaxe das Terapias Avanzadas no Sistema Nacional de Saúde. Galicia xa dispoñÃa desde 2022 de dous centros designados polo Ministerio de Sanidade para a administración de terapia CAR-T: o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña administraba estes medicamentos avanzados en pacientes adultos e o de Santiago de Compostela en pacientes pediátricos.
Notas
Nanotechnology & Biomedicine: where science meets the future. Baixo este lema o CINBIO celebrará o vindeiro mes de xullo o seu oitavo Annual Meeting, renovando o seu firme propósito por visibilizar as ferramentas que marcarán a medicina do futuro. Un ano máis, Vigo converterase no punto de encontro no que cientÃficos de todo o mundo compartirán a súa experiencia en quÃmica, fÃsica, bioloxÃa, medicina, nanotecnoloxÃa e saúde.
Especialistas do Grupo Iacobus da USC abordarán do 21 ao 22 de maio a análise de diversas obras seleccionadas entre os numerosos bens culturais que conserva o Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo. A finalidade deste foro que leva por tÃtulo 'Tempo de arte. Obras de museo III' é poñer en valor a súa colección e difundila á cidadanÃa a través deste curso monográfico coordinado por Miriam E. Cortés e Patricia Cupeiro, profesoras da USC, e Marcos Calles, director do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.