Notas de prensa

Os Fogos do Apóstolo repasan a tradición das festas ao longo dos séculos

Os Fogos do Apóstolo percorren as tradicións desta celebración, dende as festas do Cendal coas que se lle rendía homenaxe ao Apóstolo ata finais do século XVII para "basearse na historia da cidade e das súas festas". Fíxose un percorrido pola historia da arte, para coñecer como foi representado Santiago co paso dos séculos e tanto en Europa como en Asia ou América do Sur.

Así o explicaron o alcalde, Martiño Noriega, e o director creativo do espectáculo, Javier García, nunha rolda de prensa na que deron os detalles do evento máis agardado das festas. Este ano, a montaxe corre a cargo de Acciona Producciones y Deseño, que á súa vez lle encargou a Ricardo Caballer a parte pirotécnica do espectáculo.

O director creativo do espectáculo explicou que "Acciona fixo un gran traballo de documentación, que se verá reflectido na proposta para a noite do 24". Javier García sinalou que a intención foi "basearse na historia da cidade e das súas festas, con especial atención ás festas do Cendal". As proxeccións audiovisuais recrearán "as carreiras de cabalos no contorno da ermida de San Lázaro, que están perfectamente documentadas sobre todo durante o século XVI, pero que probablemente datan de épocas anteriores". Tamén haberá "un percorrido polas distintas fachadas que se foron queimando durante os Fogos do Apóstolo ao longo dos anos". Segundo explicou Javier García, están documentadas seis fachadas, sempre deseñadas polos arquitectos municipais, a primeira do ano 1852.

Como é tradición, os Fogos tamén incluirán secuencias relacionadas coa figura do Apóstolo. Segundo explicou Javier García, este ano "faremos un percorrido pola historia da arte, para coñecer como foi representado Santiago co paso dos séculos e tanto en Europa como en Asia ou América do Sur". Outras secuencias centraranse na construción do Pazo de Raxoi e, apuntou o director creativo do espectáculo, "haberá moitas máis sorpresas que o público posiblemente non agarde".

Características técnicas

O espectáculo proposto por Acciona incorpora proxeccións con efectos tridimensionais, realizadas baixo a técnica do mapping, e con iluminación 360 graos na praza do Obradoiro. Para lograr unha sensación inmersiva, a empresa utilizará dez proxectores de vídeo de 22.000 lúmenes cada un, 32 focos de iluminación, e catro torres de son cunha potencia total de 40.000 watios.

A parte pirotécnica da montaxe correrá a cargo de Ricardo Caballer, "unha empresa cun gran prestixio internacional, que é ademais o provedor de Disney e que está considerado como un artista plástico dentro do mundo da pirotecnia". Nos Fogos do 24 de xullo utilizaranse case 440 quilos de pólvora, en máis de 3.000 ordes de disparo.

Javier García explicou que, como novidade, todos os artefactos serán lanzados dende o Pazo de Raxoi e non desde San Martiño Pinario "porque esta ubicación non ten sentido cando o público está de costas á Catedral". Segundo apuntou, "ao ser o Pazo de Raxoi un punto máis elevado que San Martiño Pinario, a parte pirotécnica será máis visible dende outros puntos da cidade como a Alameda".

Repeticións do espectáculo audiovisual

O alcalde explicou que este ano haberá menos carga pirotécnica que o anterior. Por iso, no prego de condicións estableceuse a obriga de repetir o espectáculo audiovisual máis alá da noite do 24. Esas repeticións serán os días 25 e 26, con dous pases en cada unha das xornadas, para garantir que a montaxe chegue a máis xente. Serán ás 22:30 e ás 23:30 horas.

Fogos do 31 de xullo

Acciona tamén se vai encargar dos Fogos do 31 de xullo, cos que se pechará o Apóstolo 2017. Ao tratarse dun espectáculo unicamente pirotécnico, incrementarase sensiblemente a cantidade de pólvora utilizada. Serán 451 quilos, en 4.812 artefactos. Os Fogos do Apóstolo, financiados polo Consorcio, terán un custo de 217.000 euros, incluíndo as propostas do 24 e do 31 de xullo.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-07-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES