
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, na rolda de prensa do Consello, que no vindeiro curso escolar incorporaranse ao proxecto E-Dixgal 60 novos centros, incrementando ata 154 o número de colexios que impartirán unha ensinanza completamente dixital. AsÃ, máis de 11.600 alumnos desde 5º de Primaria a 2º de ESO beneficiaranse desta iniciativa.
Actualmente, son 7000 os nenos que aprenden co libro dixital, polo que se produce un incremento de máis de 4600 alumnos beneficiados no próximo curso 2017/18.
Segundo destacou o xefe do Executivo galego, a Xunta impulsa deste xeito un proxecto que naceu como experimental no curso 2014/15 e que agora se consolida, xa que no vindeiro curso o 14% dos centros de ensino obrigatorio públicos contarán con proxectos de educación dixital, seis puntos porcentuais máis que no curso 2014/15.
Feijóo engadiu que, paralelamente a esta iniciativa, a Amtega xa iniciou a adquisición de ata 22.000 equipos portátiles para os vindeiros dous anos, destinados a alumnos e profesores de centros integrados neste programa.
Asà mesmo, a mellora das infraestruturas de telecomunicación é un aspecto clave neste contexto. Neste momento, máis de 460 centros públicos dispoñen de velocidades dun mÃnimo de 100 Mbps e durante o 2017/18 estenderase esta velocidade aos 832 centros restantes.
Esta medida permitirá que o 100% dos centros educativos públicos de primaria e secundaria teñan acceso a internet a través de redes ultrarrápidas.
Unha educación pública máis avanzada e competitiva
Trátase dun proxecto de gran relevancia para os docentes, posto que significa variar a forma de ensinar; para os alumnos, que terán acceso a un sistema educativo máis avanzado; para os pais, que tamén terán unha nova forma de relacionarse cos colexios dos seus fillos, e de facelo a un menor custe e para a educación pública, que a través do libro dixital dá un novo paso para ser mellor e máis competitiva, como antes se deu tamén co reforzo do inglés ou da ampliación da oferta de FP.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.