
O concelleiro de Emprego e EconomÃa Social, Alberto Lema, presentou a GuÃa do Camiño Inglés, un documento editado por Turismo da Coruña e que ten como finalidade poñer en valor a relevancia histórica da Coruña no Camiño de Santiago.
"Este extenso traballo fai un percorrido meticuloso pola historia do Camiño Inglés, unha ruta cunha enorme tradición e que demostra que A Coruña foi o principal porto de arribada dos peregrinos marÃtimos que chegaban fundamentalmente de Inglaterra, a quen lle debe o seu nome, pero tamén de Irlanda ou Islandia", explicou o concelleiro. "à vez, moitos peregrinos, unha vez finalizado o Camiño, empregaron o porto coruñés para volver aos seus paÃses de orixe en barco. A Coruña foi porto de chegada, pero tamén o principal punto de partida desta ruta", incidiu o responsable municipal.
"Dentro do plan de acción de Turismo de promoción e difusión do Camiño Inglés, esta guÃa e un dos principais puntos clave. Este Goberno aposta por dar a coñecer o seu patrimonio que, neste caso, forma ademais parte dunha cultura, a xacobea, que goza dunha proxección mundial", explicou Lema, quen avanzou que outra das medidas que o Executivo coruñés porá en marcha será promocionar os principais puntos do Camiño na Coruña coa instalación dunha sinalética especÃfica, en colaboración coa ConcellerÃa de Mobilidade Sostible, "dentro das múltiples liñas de proxección turÃstica polas que aposta este Goberno".
Ademais deste percorrido histórico, a GuÃa do Camiño Inglés na Coruña presenta os principais edificios do termo municipal vinculados á ruta, "e dá conta da abundancia de pegadas e testemuñas fidedignas relacionadas coa peregrinación e o mundo xacobeo que se atopan na nosa cidade", destacou Lema, entre as que se atopan, tal e como sinalou, "a rúa e a igrexa de Santiago, ou a Porta do Parrote, entre outras". à vez, o documento inclúe un mapa que propón e sinaliza un roteiro polos principais inmobles e monumentos vencellados ao Camiño Inglés.
O concelleiro, que estivo acompañado por Lanzada Calatayud, xerente do Consorcio de Turismo da Coruña, e por Manuel F. RodrÃguez, xornalista experto no Camiño de Santiago e autor dos textos da guÃa, criticou que no ano no que a Administración autonómica pon o foco na promoción internacional do Camiño Inglés, "non teña interese en colaborar co Concello". "Unha vez máis, e aÃnda que este Concello foi proactivo á hora de buscar a colaboración, o Goberno da Xunta demostrou que non ten interese en traballar en común co executivo coruñés, a pesares do esforzo que se está a facer desde A Coruña para dar a coñecer e difundir esta ruta", aseverou.
A GuÃa do Camiño Inglés, que estará dispoñible nas próximas datas nas Oficinas de Turismo municipais, tamén contará, tal e como avanzou Calatayud, cunha edición en formato trÃptico.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.