
Galicia incorpórase ao Real Padroado da Biblioteca Nacional de España (BNE) en representación das bibliotecas das comunidades autónomas, xunto con Euskadi e con Cataluña. A designación, que ten carácter rotatorio, aprobouse durante a reunión plenaria da Conferencia Sectorial de Cultura, que tivo lugar no Museo Nacional do Prado, en Madrid.
Durante o encontro, que estivo presidido polo ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, confirmou o interese en formar parte do proxecto polo cal a Biblioteca Nacional de España lles cederá ás comunidades autónomas máis de un millón de exemplares das primeiras edicións publicadas desde a década dos cincuenta ata o ano 2011, procedentes do depósito legal. A través desta iniciativa, estarían dispoñibles para a Biblioteca de Galicia preto de 30.000 volumes, moitos deles descatalogados, que pasarían a enriquecer e a completar o patrimonio bibliográfico galego.
As obras ofrecidas polo Ministerio proceden dos terceiros exemplares de cada primeira edición depositada na Biblioteca Nacional de España desde 1958 ata 2011, ano no que a nova Lei de depósito legal estableceu que a institución debe conservar polo menos dous exemplares, fronte aos tres recollidos no marco normativo anterior.
Contra a revenda masiva de entradas
Na reunión plenaria da Conferencia Sectorial de Cultura da que forman parte forman parte os representantes da Administración Xeral do Estado, das comunidades autónomas e mais das cidades de Ceuta e Melilla tamén se aprobou un plan de traballo para loitar contra a revenda masiva de entradas de espectáculos a través de internet, co fin de definir as medidas necesarias a desenvolver polas comunidades autónomas para subsanar esta situación.
Impulso á industria do videoxogo
Así mesmo, aprobouse a creación dun grupo de traballo que, en colaboración coa industria do videoxogo, elaborará un plan específico de desenvolvemento, creación e produción de videoxogos en España. O plan incluirá medidas destinadas a establecer e a fortalecer o crecemento dos estudios españois, accións para asegurar o acceso ao financiamento e medidas no ámbito formativo para adaptar a oferta regrada á demanda de profesionais para o tecido industrial. Tamén se impulsarán medidas fiscais similares ás xa adoptadas noutros países membros da Unión Europea.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.