Notas de prensa

A Cidade da Cultura inicia a programación de verán co concerto de Malandrómeda

A banda asturiana Fasenuova e a mexicana Carla Morrison completan a primeira semana do ciclo de música ao aire libre Atardecer no Gaiás. O Museo Centro Gaiás acolle o domingo 9 de xullo o II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que participarán 14 formacións.

A programación de verán arranca o xoves 6 de xullo na Cidade da Cultura, co primeiro concerto de Atardecer no Gaiás protagonizado por Malandrómeda e a primeira das sesións das andainas guiadas pola Fundación USC Deportiva Camiño ao Gaiás. Ademais, o venres dará comezo unha nova actividade para os máis pequenos: Unha noite no bosque, na que rapaces de 10 a 13 anos poderán gozar da natureza acampando nos espazos verdes do Gaiás. E o domingo terá lugar o II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que un total de 14 formacións interpretarán durante vinte minutos o repertorio elixido para a ocasión.

A programación de Verán no Gaiás arrancará oficialmente este xoves ás 21,00 horas coa primeira das actuacións de Atardecer no Gaiás, ciclo de concertos ao aire libre que terá lugar os xoves, venres e sábados ata o 26 de agosto. Malandrómeda, os reis do rap galego, serán os encargados de poñerlle banda sonora ao primeiro solpor musical deste 2017. Rimas de batalla, ritmos imaxinativos e letras cargadas de humor sen prexuízos son os ingredientes da fórmula máxica coa que a banda galega consegue que cada concerto sexa un golpe de enerxía e diversión.

O cartel desta semana de Atardecer no Gaiás complétase coa actuación o 7 de xullo de Fasenuova, a banda de Mieres que encherá a praza central da Cidade da Cultura de sons electrónicos, experimentais e cun tinte pop. E o sábado será a quenda de Carla Morrison, cantante mexicana posuidora de tres Grammys latinos que a converteron nunha das máis importantes figuras do pop alternativo.

Atardecer no Gaiás ten lugar na praza central da Cidade da Cultura ás 21,00 horas, con entrada libre e de balde. Os asistentes contarán cun último bus de baixada ao remate das actuacións: ás 22,45 horas.

Sesión nocturna do Gaiás a Compostela

E para os que prefiran baixar a pé, a Cidade da Cultura ofrece unha alternativa que combina deporte, lecer e patrimonio. Trátase de Camiño ao Gaiás, as andainas guiadas pola Fundación USC Deportiva que este xoves celebra a primeira sesión deste 2017. E farao cunha sesión nocturna que arrancará do Espazo On da Cidade da Cultura e rematará na Praza de Galicia. Namentres, os participantes descubrirán o patrimonio natural e artístico do Gaiás e de Compostela. Camiño ao Gaiás terá lugar todos os xoves de verán ata o 14 de setembro e a entrada é de balde previa inscrición na páxina web da Cidade da Cultura.

O arranque da programación de verán complétase o venres, 7 de xullo, coa primeira sesión de Unha noite no bosque, nas que os máis cativos pasarán unha noite de acampada no Bosque de Galicia tras unha xornada dedicada a coñecer a flora, a fauna, as estrelas e a importancia do patrimonio ambiental. A actividade volverá repetirse o 14 de xullo e o 18 e 25 de agosto. A entrada é de 12 euros (inclúe cea e almorzo) e está á venda no Museo Centro Gaiás e na páxina web de Ataquilla. Ademais, a Cidade da Cultura ofrece unha serie de descontos e promocións que se poden consultar no portal web da Cidade da Cultura.

O Museo Centro Gaiás acollerá o domingo o II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que un total de catorce formacións interpretarán durante vinte minutos o seu repertorio. O festival comezará ás 10,00 horas e rematará cunha actuación conxunta de todas as agrupacións, que interpretarán sobre o escenario da praza central o Himno Galego. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

Exposicións e visitas comentadas

A programación da Cidade da Cultura para este verán compleméntase cunha importante oferta expositiva coas mostras Da árbore á cadeira, que convida a realizar unha viaxe emocional dos bosques ao deseño contemporáneo; Flor Novoneyra, o testamento pictórico de Antón Lamazares; Balnearia bibliográfica, un percorrido polas augas minerais e termais de Galicia; Vicente Ãlvarez de Neira, arquiveiro, coa que descubrir a figura do primeiro arquiveiro do Arquivo Xeral e Público de Galicia; e A liña Hejduk de Irma Ãlvarez Laviada, na que se desvela a terceira torre do Gaiás.

Finalmente, a Cidade da Cultura ofrece este verán a oportunidade de descubrir o complexo deseñado por Peter Eisenman nunhas visitas arquitectónicas de balde que terán lugar de martes a domingo nos meses de xullo e agosto. Será ás 11,00 horas en galego e ás 12,00 en inglés e non é preciso reservar praza.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-07-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-titeres-redondela-2026.jpg) A programación desta nova edición volverá combinar espectáculos de sala, funcións de rúa, instalacións, música e propostas participativas arredor do mundo dos monicreques, con compañías galegas como Tanxarina Títeres, Títeres Alakrán, Babaluva, Mircromina, Trécola Producións, Troula Animación ou Bico de Toupa, xunto a formacións chegadas de diferentes puntos do Estado e de países como Francia, Italia, Portugal, Uruguai ou Arxentina. Entre as montaxes destacadas figura A Biblioteca Galáctica contra IA Fantástica, de Tanxarina Títeres, recoñecida nos Premios María Casares 2026, ademais de propostas premiadas como Gloria Bendita, de Arteria Producciones, ou Érase unha vez… dous pés!, da italiana Teatro dei Piedi.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Os bos resultados acadados nos últimos anos en biotecnoloxía sitúan a Galicia nunha posición de referencia neste sector, con moita proxección de futuro. A biotecnoloxía pasou de ser unha aposta estratéxica a converterse nun sector económico e científico con masa crítica, capacidades diferenciais e resultados medibles. Así o amosan os resultados acadados na execución da Estratexia de consolidación do sector en Galicia 21-25. Entre eles, destaca a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, acadando a cifra de 162 compañías actuais; unha facturación de 2.037 millóns de euros, que cuadriplica a de 2021 e se sitúa no 2,6% do PIB; ou o aumento do emprego cualificado vencellado ao sector, acadando as 5.693 persoas traballadoras, tres veces máis desde 2021.

Notas

Xornalista, escritora, activista e un dos discursos máis destacados do feminismo galego contemporáneo. Todas estas voces emanan da figura de Begoña Caamaño a quen neste 2026 se lle dedica o Día das Letras Galegas. A USC a través da Biblioteca Universitaria e da Ãrea de Cultura súmase a esta homenaxe cunha mostra que percorre a traxectoria vital da autora e o seu compromiso co pensamento crítico, coa lingua e cos dereitos das mulleres.
A UVigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento das vocacións STEM entre a mocidade, especialmente entre as nenas, coa publicación da sexta edición do catálogo Quero ser investigadora, unha publicación que recolle a historia de dez científicas da UVigo para inspirar as investigadoras do futuro. Ilustrado pola artista Alba Casanova, a través da técnica do collage debúxase a historia de dez novas referentes, dez científicas, mulleres, dez nenas que contribúen a construír un relato da ciencia máis xusto e representativo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES