Notas de prensa

A Delegación da Xunta en Lugo acolle a exposición Camiño a Viena

Reúne debuxos de escolares de 22 países en torno aos ideais das Nacións Unidas. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, inaugurou a mostra xunto co presidente da asociación Paz e Cooperación, Joaquín Antuña, e o director de Galicia Dixital, Xulio Xiz.

A Delegación Territorial da Xunta acolle a exposición Camiño a Viena, que reúne 200 debuxos de escolares de 22 países que reflexionan sobre a paz, o respecto ao medio ambiente e os ideais que inspiran un mundo xusto e solidario.

A mostra foi inaugurada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, xunto cos organizadores: o presidente da asociación Paz e Cooperación, Joaquín Antuña, e o director de Galicia Dixital, Xulio Xiz.

Camiño a Viena ten o xerme no premio escolar Paz e Cooperación “Mirando ás estrelas. O futuro”, que se convocou en Viena coincidindo coa Semana mundial do espacio de 2016 -do 4 ao 10 de outubro- coa colaboración, entre outros, da Oficina das Nacións Unidas para asuntos do espacio exterior. Dende entón, a exposición ten percorrido Alicante, Madrid e Zaragoza, para chegar agora a Lugo.

O delegado territorial aproveitou o acto para invitar a cidadanía a achegarse a visitar a exposición, “e moi especialmente aos rapaces, que de seguro reciben con claridade a mensaxe que lanzan estes nenos e nenas de todo o mundo, que cos seus debuxos reflicten o seu rexeitamento á guerra, esixen respecto ao medio ambiente, reivindican a igualdade e celebran a diversidade”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-07-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES