
A Aula de Produtos Lácteos e TecnoloxÃas Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC acubillará os dÃas 15 e 16 de xuño, nas súas instalacións, emprazadas no lugués polÃgono de Sanfiz, a terceira edición do Workshop sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria, un foro de traballo dirixido fundamentalmente a responsables técnicos e de I+D e innovación, márketing , produción e calidade das empresas do sector. O prazo de inscrición nestas xornadas permanece aberto na web da Aplta, onde tamén está accesible cumprida información respecto do programa e dos horarios deste workshop.
Este foro sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria xurde como unha ferramenta formativa de utilidade para coñecer e intercambiar experiencias respecto das novas tendencias que se están a rexistrar no sector, asà como sobre o proceso de diversificación da industria láctea e alimentaria. Trátase dun programa de traballo de dÃa e medio de duración, no que empresas como Chr. Hansen, DSM, IFF, Frulact, FMC, Beneo, GBI, Ceamsa, Biópolis, CPKelcoÂ… amosarán as súas principais novidades no que atinxe a aditivos e outros ingredientes empregadas na formación dos novos alimentos. Todas as sesións incluÃdas neste workshop terán un enfoque práctico aplicado ao deseño e produción de derivados lácteos e outros alimentos, para o que os distintos relatores aludirán a diferentes experiencias e estudios xa desenvolvidos.
Outra das achegas deste foro de traballo chegará da man de Mintel, que dará a coñecer no marco destas xornadas as tendencias actuais do mercado actual, asà como de colaboradores de Portugal Foods, que tamén analizarán en Lugo cara a onde poden camiñar as futuras demandas globais do consumidor no ámbito da alimentación, o que permitirá ás empresas establecer futuras estratexias de comercialización.
Como novidade, os participantes nesta terceira edición do workshop sobre ingredientes e aditivos da industria láctea e alimentaria terán a oportunidade de valorar por si mesmos as últimas propostas de ingredientes e aditivos. Esta sesión práctica desenvolverase no marco dun espazo de presentación de produtos, no que as empresas interesadas contarán cunha área especÃfica para facilitar a exposición e cata de prototipos e produtos comerciais.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.