Notas de prensa

A USC, á cabeza da universidade española en I+D+i e transferencia de coñecemento, segundo a Fundación CyD

O ránking de Leiden tamén sitúa a USC no posto 392 de entre 900 universidades de todo o mundo pola súa produción científica. A Fundación CyD e o ránking de Leiden acaban de facer públicas as súas últimas clasificacións sobre as universidades españolas e internacionais, respectivamente, cun mellor rendemento no eido investigador.

No primeiro caso, a USC mantense entre as universidades públicas españolas con mellor taxa de rendemento nos eidos da investigación e transferencia de coñecemento, no que atinxe a concesións de patentes, ingresos por licencias, publicacións interdisciplinares e internacionais, así como en captación e liquidación de fondos, segundo se deprende do último ránking sobre as universidades españolas que publica a Fundación CYD e no que se recollen datos do conxunto de España. De feito, na elaboración deste estudo están incluídos datos de 69 universidades, ao tempo que se analizan un total de 1.741 titulacións pertencentes a 17 áreas ou ámbitos de coñecemento diferentes.

O citado traballo sitúa a institución académica compostelá entre as universidades españolas con máis publicacións con impacto internacional e tamén no grupo de cabeza das institucións con máis investigacións citadas en patentes e entre as que captan máis ingresos por licencias. O eido da investigación é outro dos campos nos que a USC ocupa un lugar preferente. Así, en 2017 a USC figura entre o grupo das universidades españolas que presenta mellores rendementos no que se refire a captación e liquidación de fondos externos para o desenvolvemento de actividades de I+D+i non ligados á transferencias correntes do Goberno. A produción artística e cultural e a media de publicacións por profesor son outros dos ítems analizados nos que destaca a institución académica compostelá.

A proxección e a orientación internacional da USC, cun elevado número de publicacións de carácter e impacto internacional; o carácter interdisciplinar de boa parte das investigacións e estudos, e a media de sexenios de investigación obtidos polo corpo docente da universidade son outros indicadores da USC destacados.

No capítulo correspondente a medir a taxa de éxito nos procesos de ensinanza e aprendizaxe, o caso da USC sitúase no grupo de cabeza das universidades españolas cuxo alumnado que completa programas de posgrao ou máster de dous anos de duración remata este período de formación con taxas de éxito máis altas.

Leiden

De entre 902 universidades de todo o mundo, a USC ascende ata a posición 392 do ránking CWTS Leiden na súa edición correspondente a 2017. Esta é unha clasificación de institucións universitarias organizada exclusivamente a partir dos datos bibliográficos rexistrados en Web of Science durante o período 2012-2015.

Ademais da valoración global, este ránking establece clasificacións parciais para un total de cinco grandes áreas de coñecemento. O mellor rexistro da USC prodúcese no eido das investigacións relativa a Vida e Ciencias da Terra, na que a Universidade de Santiago ocupa o posto 170 de entre as mil institucións avaliadas. En Ciencias Física e Enxeñaría está emprazada na posición 375, e en Biomedicina e Ciencias da Saúde e no eido de Ciencias Sociais e Humanidades no 425, mentres que pola súa produción en Matemáticas e Ciencias da Computación estaría localizada no posto 472.

O ránking de Leiden utiliza datos procedentes de Science Citation Index Expanded, de Social Sciences Citation Index e de Arts & Humanities Citation Index. Por outra banda, non toman en consideración as publicacións derivadas de conferencias ou as publicacións de libros”, o que supón “ unha importante limitación en determinados campos, especialmente en ciencias da computación, enxeñaría ou ciencias sociais e humanidades”, aclaran o equipo responsable desta listaxe. Os promotores xustifican tamén a utilizan de Web of Science por considerar que “ofrece unha boa cobertura da literatura científica internacional e xeralmente proporciona datos de alta calidade”.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-05-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro, entre as 18.00 e as 22.00 horas, a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (iTERRA) do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European ResearchersÂ’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES