
Turismo de Galicia organiza por segundo ano consecutivo o Foro Gastronómico Turismo de Galicia, #GastroForum, que nesta edición se celebrará os 22 e 23 de maio no Centro Superior de HostelerÃa de Galicia (CSHG).
O encontro acollerá obradoiros de cociña e debates sobre gastronomÃa vista desde a perspectiva da sustentabilidade, da solidariedade e da saúde. Nel afondarase en iniciativas de sustentabilidade en restauración incluÃndo obradoiros prácticos nos que se reivindicarán as especies pouco coñecidas en gastronomÃa.
O Foro Gastronómico de Turismo de Galicia tamén incidirá na gastronomÃa integradora, con relatorios centrados na atención a persoas con discapacidade e un obradoiro sobre texturización en centros residenciais. Ademais, daranse as claves para aprender a reducir os desperdicios en cociña ou os diferentes procedementos para a elaboración de menús en base ás recomendacións da dieta atlántica, entre outros temas.
Cociñeiros galegos
O foro reunirá aos cociñeiros Roberto Filgueira (O Balado), Iván DomÃnguez (Alborada), Rafael Centeno (Maruja Limón), Alberto González (Silabario), Quique Piñeiro (A Horta do Obradoiro) e Luis Veira (Ãrbore da Veira), que impartirán obradoiros e participarán nalgúns dos debates.
Tamén participarán expertos en sustentabilidade e nutrición, asà como representantes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Cruz Vermella ou Lonxanet. O prazo de inscrición para participar neste II Foro Gastronómico de Turismo de Galicia está aberto na páxina web do CSHG.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.