Notas de prensa

Artesanía de Galicia participa na Festa do Melindre de Melide, na edición de 2017

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visita a mostra que conta con produtos de xoiería, arranxos florais, bixutería, marroquinería e pratería, no marco da XXVI Festa do Melindre e da Repostería Tradicional de Melide. A mini feira pode visitarse na Rúa do Convento ata o 14 de maio.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visistou a mostra de Artesanía de Galicia na que sete obradoiros artesanais de oficios como a xoiería, a marroquinería, os complementos, a pratería ou os elementos decorativos venden e exhiben os seus produtos no marco da XXVI Festa do Melindre e da Repostería Tradicional de Melide.

A mostra, organizada pola Asociación Galega de Artesáns e que conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, ten por obxectivo impulsar a comercialización do produto artesán feito na nosa comunidade e servir de vía de promoción do traballo dos creadores que contan coa marca Artesanía de Galicia. Estará aberta hoxe e o domingo a partir das 11:00 horas na Rúa do Convento.

Os sete obradoiros que participan nesta feira son: Artesaniaenplata. de Marín (Pontevedra), Plata Nativa de Sada (A Coruña), Zimzelatum de Gondomar (Pontevedra), Rosa Higuero de Cabanas (A Coruña) con produtos de xoiería e pratería; Taller Viola de Oza-Cesuras (A Coruña) con arranxos florais, a colareira Montse Betanzos do Grove (Pontevedra) e Senda da Pobra de Brollón (Lugo) cos seus produtos de marroquinería.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro, entre as 18.00 e as 22.00 horas, a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (iTERRA) do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European ResearchersÂ’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES