Notas de prensa

O ciclo de cinema negro francés proxecta en Humanidades o filme Judex

A sesión, de entrada libre e de balde, comeza o luns 15 de maio ás 19.30 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades onde se proxecta en versión orixinal ‘Judex’, un filme dirixido en 1963 por Georges Franju. O ciclo de cinema negro francés é unha actividade promovida e organizada pola sección de francés do CLM no campus de Lugo e tiulado Á marxe.

O ciclo de cinema negro francés, unha programación promovida pola sección de francés do Centro de Linguas Modernas no campus de Lugo, continúa o luns 15 de maio no salón de actos da Facultade de Humanidades coa proxección de ‘Judex’, un filme dirixido en 1963 por Georges Franju, que poderá verse en versión orixinal con subtítulos en español.

A terceira das proxeccións programadas na cuarta edición do ciclo de cinema negro francés, responde a un filme de intriga cuxo fío condutor xira arredor dun xusticeiro que esixe ás persoas que reciben unha mensaxe coa palabra ‘Judex’ o reparto de todos os seus bens e propiedades .

O ciclo de cinema negro francés, unha actividade promovida e organizada pola sección de francés do CLM no campus de Lugo e que nesta edición leva por título ‘Á marxe’, chegará ao seu fin o 29 de maio coa proxección do filme 'Alphaville' (1965), de Godard.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES