
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores TourÃs, asistiron á LVII edición da Festa da Lamprea de Arbo, que conta coa declaración de Interese TurÃstico Nacional.
Esta festa tivo o seu orixe no ano 1961 cando un grupo de veciños e responsables de varios restaurantes e adegas de Arbo organizaron a I Festa da Lamprea para dar a coñecer este produto asà como os caldos de uva albariño do municipio, hoxe acollidos á Denominación de Orixe Protexida RÃas Baixas.
Dende entonces, Arbo celebra ininterrompidamente a súa festa máis importante na que miles de asistentes abarrotan os restaurantes da vila e os puntos de degustación situados no recinto ‘Arbomostra’, para desfrutar das racións de lamprea preparada de distintas formas e dos mellores viños da zona.
Durante a celebración, a responsable de Turismo da Xunta destacou que a declaración de Interese TurÃstico Nacional acadada o pasado ano por esta festa recoñece tanto a súa antigüidade, arraigo e continuidade como a súa singularidade.
A directora de Turismo de Galicia sinalou que tanto a Festa da Lamprea en sà mesma asà como todas as actividades lúdicas e culturais que completan o programa desta celebración constitúen un gran atractivo turÃstico para a nosa comunidade como destino. Neste senso, afirmou que dende a Xunta de Galicia impúlsase a súa promoción xa que a súa celebración supón un importante reclamo de atracción turÃstica.
Nava Castro explicou que dende Turismo de Galicia apóstase pola promoción e mellora das festas de exaltación de produtos enogastronómicos, especialmente as declaradas de Interese TurÃstico, mediante a consolidación de criterios homoxéneos de calidade e a promoción e valorización dos produtos sostibles e de calidade. “Deste modo, a aposta polas celebracións gastronómicas tradicionais que xeran experiencias únicas no destino, como é o caso da Festa da Lamprea de Arbo, ocupa un lugar moi relevante na polÃtica turÃstica do Goberno galego”, sinalou.
Ruta da Lamprea
Por outra parte, Nava Castro fixo referencia ao produto turÃstico promovido por Turismo de Galicia entorno a este particular peixe e a súa captura, a Ruta da Lamprea.
Segundo explicou a responsable de Turismo da Xunta, esta ruta combina os numerosos recursos vinculados á lamprea de cada unha das zonas dos tres rÃos nos que habita en Galicia, o rÃo Miño, Tambre e Ulla, coa visita a lugares de interese natural e cultural da súa contorna como miradoiros, paseos, pontes ou capelas entre outros. Asà mesmo, ofrece multitude de restaurantes que permiten degustar este manxar de maneiras moi diversas.
“Con todo, a Ruta da Lamprea potencia a oferta turÃstica dos dezaoito municipios que o integra, asà como na súa área de influencia, a través destes itinerarios que aglutinan diferentes recursos que conxuntamente constitúen un gran atractivo”, sinalou Nava Castro.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.