Notas de prensa

A Fundación Curros Enríquez adquire o libro Historia do apóstol Santiago, de Mauro Castellá Ferrer

A publicación, do ano 1610, forma parte da colección bibliográfica da entidade logo dunha campaña de captación de fondos e de colaboración de particulares durante os últimos dous meses.

A Fundación Curros Enríquez vén de adquirir o libro “Historia do apóstol Santiago”, escrito no ano 1610 polo autor celanovés Mauro Castellá Ferrer, unha obra que se incorpora ao patrimonio bibliográfico de Celanova por medio dunha campaña de captación de fondos e de colaboración de particulares levada a cabo ao longo dos dous últimos meses. A presentación desta publicación tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente e do secretario da Fundación Curros Enríquez, José Luis Ferro e Antonio Piñeiro, respectivamente; e das traballadoras da Fundación Curros Enríquez, Noa Fernández e Paula Conde.

O vicepresidente da Deputación de Ourense salientou a importancia de “recuperar unha xoia bibliográfica galega para o patrimonio literario de Celanova”, quen engadiu que este ano celébrase “o 450 aniversario do nacemento de Mauro Castellá Ferrer, unha gran oportunidade para dar a coñecer a súa obra ao público”.

Pola súa parte, o presidente da Fundación Curros Enríquez sinalou que esta adquisición encaixa no obxectivo da entidade de “dar coñecer e poñer en valor aos nosos escritores”. Asemade, José Luis Ferro dixo que a recuperación deste libro que forma parte “do patrimonio literario da nosa vida” é importante por varias razóns: pola súa antigüidade, porque foi escrito por un celanovés e porque relata aspectos relacionados coa nosa historia sobre as figuras de San Rosendo e San Torcuato, así como unha completa descrición do edificio monacal de Celanova.

O libro conta a historia do Apóstol Santiago e destaca a súa importancia, sobre todo, na batalla de Clavijo incluíndo nela numerosos datos sobre a súa propia biografía persoal, así como sobre a historia de Santiago de Composte e, en parte, tamén de Galicia. O traballo inclúe, así mesmo, unha interesante biografía sobre San Rosendo e unha valiosa descrición do edificio monacal de Celanova denantes da reconstrución da fábrica actual que chegou ata os nosos días.

Antonio Piñeiro explicou que un dos labores que realiza a Fundación Curros Enríquez é “recuperar material que teñan relación coa figura de Curros Enríquez e topamos con esta obra que custaba 900 euros polo que, puxemos en marcha unha campaña de captación de fondos na cal levamos unha hucha ao mercado e recadamos 800 euros, poñendo o importe restante a Fundación”.

A obra estará exposta, a partir da vindeira semana, nunha sala da Casa dos Poetas para que todas aquelas persoas que o desexen, poidan ir visitalo.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2017-04-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES