Notas de prensa

Chega a Compostela o XV Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC

“Saír ao encontro do público e favorecer as actividades comúns ao colectivo de profesionais da danza” son os dous obxectivos principais que se marca o director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera, no XV Encontro Universitario de Danza Contemporánea que chega a Compostela o 17 e 18 de abril no Teatro Principal. As actuacións correrán a cargo de compañías galegas, especialmente relacionadas coa USC.

Nesta ocasión, as actuacións correrán a cargo de compañías galegas, cunha participación especial das integradas por coreógrafos e bailaríns da USC. Pero o encontro non é só unha programación de espectáculos, como matiza Zahera, senón que se concibe tamén “como un espazo de residencia e de traballo para os artistas participantes”.

O programa de actuacións, que conta coa colaboración do Concello de Santiago e a Deputación da Coruña, será os días 17 e 18 de abril no teatro Principal ás 21.00 horas, con entrada gratuíta previo paso pola billeteira.

A primeira xornada inauguraraa a Compañía de Danza do IV Ciclo Sen vergoña da USC-Lugo que dirixe o propio Zahera. Porán en escena a peza ‘ Comeza por UN 1,2,3...’, o impulso co que se chega a conseguir todo. Seguiralle a Compañía de Danza da USC-Lugo coa obra ‘Pulsos’, sobre o ritmo da vida, e rematará con ‘Envés’, da compañía USCompostela, un canto á diversidade, de corpos con universos compartidos nun mesmo tempo.

Xa o martes 18 será a quenda da compañía independente da USC SON´S coa peza ‘Puzzle’, sobre os medos e inseguridades persoais, e do grupo de Danza Normal da Universidade da Coruña que interpretarán ‘Clásicos max mix’, unha reinterpretación de catro dos máis famosos ballets clásicos como ‘O lago dos cisnes’, ‘O quebranoces’, ‘Romeo e Xulieta’ e ‘A consagración da primavera’. USCompostela será quen, novamente con ‘Envés’ clausure estes encontros de danza que xa son cita obrigada na cidade.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2017-04-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES