Notas de prensa

Culturas presenta o ciclo de primavera de Poetas Di(n)versos na Coruña

O poeta islandés Sjón e o cangués Elías Portela abren a primeira sesión da tempada o 10 de abril no Centro Ägora, onde se darán cita voces de Irlanda e México. O ciclo de recitais Poetas Di(n)versos reúne dende hai 8 anos a representantes da lírica de Galicia e tamén de todo mundo, achegando voces de Islandia, Irlanda ou México nesta edición.

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou no Pazo de María Pita na presentación das sesións de abril, maio e xuño do ciclo de recitais Poetas Di(n)versos, a cita mensual coa poesía, aberta á cidadanía, que acolle o Centro Ãgora desde hai oito anos. O edil destacou a "necesaria aposta" do Goberno local polo sector da literatura e dunha iniciativa "na que participan non só representantes da lírica de Galicia, senón tamén de todo mundo, e que nesta nova tempada achegará voces de Islandia, Irlanda ou México". Neste sentido, a directora do ciclo, Yolanda Castaño, quen acompañou ao concelleiro na presentación, sinalou que neste trimestre Poetas Di(n)versos "mantén o seu compromiso polas propostas de calidade e de sólida vocación, abrindo os ouvidos a todo o que se escribe no panorama internacional mentres poñemos en valor a produción poética feita en Galicia", e ofrecerá ao público coruñés "grandes voces consagradas, pero tamén as últimas revelacións".

As sesións de primavera comezarán o próximo luns, 10 de abril, cunha proposta na que Islandia será o eixe central, coa asistencia dos poetas Sjón e Elías Portela, ambos residentes no país nórdico. O primeiro deles, considerado unha das plumas máis brillantes de Islandia, "e un dos poucos poetas candidatos as Premios Óscar", explicou Castaño, é tamén autor de parte das letras da cantante Bjork. Pola súa banda, o cangués Portela, cuxo alter-ego islandés é Elías Knorr, "está considerado un dos poetas máis representativos da lírica actual do país boreal", afirmou a directora do ciclo, quen explicou que Portela é tamén o responsable da tradución ao castelán e ao galego da obra de Sjón.

Xa no mes de maio, o día 8, Irlanda, e en concreto a cidade de Cork, será o fío que unirá ás dúas voces que asistan á cita lírica: Eiléan Ní Chuilleanáin, considerada "unha das máis importantes poetas contemporáneas do seu país", aseverou Castaño, e o poeta de Noia Martín Veiga, director do Centro Irlandés de Estudos Galegos na Universidade de Cor e gañador dos premios Fiz Vergara Vilariño ou Esquío. Finalmente, no mes de xuño, "dúas revelacións da poesía de Galicia e México", aseverou Castaño, "como son Antón Blanco e Gerardo Grande", formarán a parella de autores convidados no último dobre recital da tempada. "Mocidade, agudeza e moita paixón definen dúas obras poéticas que veñen pisando forte", sinalou. Todas as citas de Poetas Di(n)versos, de entrada libre e gratuíta, serán ás 20.30 horas no auditorio do espazo municipal e, como vén sendo habitual, en cada sesión poderán adquirirse exemplares dos libros das e dos poetas participantes.

Museos Científicos

Antes preguntas dos medios de comunicación sobre o servizo de atención ao público dos Museos Científicos Coruñeses, José Manuel Sande detallou os compromisos adquiridos tanto polo Goberno local como pola empresa adxudicataria que xestiona o servizo, que manterá a continuidade do mesmo unha vez remate o contrato público que o rexe --o vindeiro día 14-- e durante o tempo que sexa necesario para a preparación, adxudicación e formalización dun contrato "ponte", de próxima licitación, así como a estabilidade do emprego do cadro de persoal adscrito ao mesmo, mantendo as súas condicións actuais, e a retirada do Expediente de Regulación Temporal de Emprego. "Este acordo, que se levará mañá a Xunta de Goberno local, permitirá tanto a retirada do ERTE como desconvocar a folga anunciada para esta fin de semana e os dos días finais do contrato, os días 13 e 14 de abril", sinalou Sande.

O executivo comprometerase tamén a iniciar o expediente de contratación do contrato transitorio, o que supón o comezo dunha nova licitación, e, ao tempo, á posta en marcha dos traballos preparatorios para a licitación, mediante procedemento aberto, do futuro contrato de atención ao público, "entendendo que, neste contrato histórico, hai elementos susceptibles de perfeccionamento e mellora", especificou o concelleiro, coa finalidade de formalizar o mesmo "no prazo máis breve posible, de acordo con todos os actores implicados no proceso, e de maneira que se poida convocar neste 2017".

Gabinete de Comunicación do Concello de A Coruña, 2017-04-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (pesca-azul.jpg) Alfonso Rueda informou de que o Consello 'aprobou a orde para a posta en marcha do Bono Peixe' que ofrecerá 'ata 50 €' para mercar peixe e marisco frescos nos establecementos da comunidade adheridos. Unha medida coa que a Xunta busca 'incentivar o consumo' destes produtos galegos que son sinónimo 'de excelencia e calidade' por todo o mundo e 'facer unha chamada atención' sobre o descenso destes alimentos na dieta que se está a vivir 'a nivel nacional, europeo e mundial e do que Galicia non é allea'.
Foto de la tercera plana (praia_mar.jpg) Galicia segue a ser un referente nacional en calidade ambiental e turística, con 137 bandeiras azuis e 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. Sanxenxo mantén a súa posición á cabeza do conxunto estatal con 17 praias, 3 portos deportivos (o Real Club Náutico Sanxenxo, o Club Náutico Portonovo e o Porto Deportivo Juan Carlos I) e 1 centro azul (o Centro de Interpretación das Telleiras), ademais de ser o concello que conta co maior número de sendeiros azuis de toda España, cun total de 8 rutas. Galicia mantense entre as tres Comunidades con máis distintivos azuis (tras a Comunidade Valenciana e Andalucía) con 137 galardóns que inclúen praias, portos e centros azuis, ademais de 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. De feito, concentra unha de cada seis bandeiras azuis concedidas este ano aos areais españois.

Notas

No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao' que dende este luns e ata o 30 de agosto se pode visitar no Colexio de Fonseca propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a UVigo. Coordinados polo catedrático Jesús Simal Gándara, investigadores e investigadoras dos grupos de Investigacións Agrarias e Alimentarias; Tecnoloxías Aeroespaciais e Historia Contemporánea I conforman a representación da UVigo en AgroSpace.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES