
Un total de sete empresas do audiovisual galegodanse cita no mercado audiovisual MIPTV 2017, que se celebra ata o 6 de abril na cidade francesa de Cannes. As empresas acoden a esta cita como parte da delegación organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Ficción Producciones, Maruxiña Films, Somadrome e Voz Audiovisual repiten a experiencia do ano pasado, mentres que CTV, Ollo Vivo e Productora Faro incorpóranse nesta edición á misión comercial e institucional galega. As sete produtoras compartirán punto de encontro co resto das empresas españolas do pavillón Audiovisual from Spain,promovido polo ICEX España Exportación e Inversiones.
O MIPTV é a principal feira internacional para a comercialización de todo tipo de programas, formatos e contidos para televisión. De feito, é un dos eventos prioritariosno plan de internacionalización promovido pola Xunta de Galicia baixo a marca Films from Galicia. Como en anos anteriores, as firmas galegas desprazáronse a Cannes co principal obxectivo de establecer contactos internacionais con potenciais coprodutoras e/ou distribuidoras na procura de vías de financiamento e explotación dosseus produtostelevisivos, tanto en proxecto como xa rematados.
Series galegas
Deste modo, CTV participa no mercado coa serie Dalia, a modista, producida para Televisión de Galicia e estreada o pasado mes de decembro. Trátase, ademais,da serie de ficción máis galardoada na última edición dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego.
Ficción Producciones está a manter encontros con empresas brasileiras, francesas e xermanas para presentarlles Una casa en amargura, proxecto da miniserie de oito capítulos baseada no libro do mesmo título da lucense Elisa Vázquez de Gey, que será coproducido co Instituto Cubano de Radio y Televisión (ICRT). Ficción tamén ten previstas reunións coa canadense Bejuva, que se encarga de distribuír e vender a serie de animación TuTu.
Na axenda de traballo da delegación galega, destaca tamén a actividade de Somadrome, que asiste un ano máis ao MIPTV na busca de acordos de pre-venda e de coprodución que consoliden a empresa no mercado internacional. A produtora galega, da que xa son clientes moitas das máis importantes canles de televisión do mundo, como Al Jazeera, BBC UKTV (Reino Unido), N24 (Alemaña), TVE ou KBS (Corea do Sur), busca agora expandirse aos mercados de Canadá, China e Xapón, así como ampliar a súa presenza en Europa e América. A esta edición da feira chega co proxecto de documental Passion for the mind, coproducido xunto a Agallas Films co apoio da Agadic e da TVG. Ademais, Somadrome presenta o proxecto de serie documental Spacecolonies, na procura de repetir o éxito de Life in outer space, emitida por France 5 ou Discovery USA.
Conecta Fiction e Galicia Calidade
No marco do MIPTV, terá lugar a presentación profesional de Conecta Fiction, primeiro encontro de contidos de ficción televisiva entre Europa, América Latina e Estados Unidos, que se celebrará do 21 ao 23 de xuño en Santiago de Compostela. Para esta acción promocional, cóntase ademais co apoio de Galicia Calidade, que se encargará de ofrecerlles aos asistentes unha degustación de produtos galegos.
Continúase así coa rolda de presentacións internacionais de Conecta Fiction, que xa foi difundido tamén noutros destacados mercados do
sector, como o NATPE Miami ou o European Film Market da Berlinale. A Xunta de Galicia, a través da Agadic, é unha das promotoras deste encontro xunto co ICEX e a Fundación SGAE.
O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.