
O Concello puxo en funcionamento a web lugobiodinamico.eu, un portal co que implica á cidadanÃa no proxecto europeo Lugo+ Biodinámico, unha iniciativa dotada con 3,5 millóns de euros coa que desenvolve iniciativas en favor dun urbanismo sostible e un mellor aproveitamento forestal, a nivel económico e ambiental, co fin de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e de transformar Lugo nunha cidade máis verde.
Esta nova web contén información sobre as actuacións impulsadas polo Concello no marco do programa, documentación, sección multimedia, actualidade, unha axenda, enquisas, networking e un formulario de contacto. Ademais, todos os contidos do mesmo están accesibles en tres idiomas: galego, castelán e inglés.
Enquisa á cidadanÃa
A entidade local, aproveitando esta ferramenta tecnolóxica, tamén implica aos veciños e veciñas de Lugo no desenvolvemento do proxecto europeo a través dunha enquisa que ten como obxectivo fomentar a participación cidadá no desenvolvemento de estratexias de mitigación e adaptación ao cambio climático na cidade, asà como avaliar o nivel de coñecemento e satisfacción do proxecto Lugo+Biodinámico e tamén as necesidades da cidadanÃa que poderÃan satisfacerse coa xeración de novas actividades empresariais ligadas ao medio ambiente. A cidadanÃa pode cubrir a enquisa vÃa on line, dunha maneira rápida e sinxela, dende hoxe ata o dÃa 30 de abril.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.