
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, salientou que a estratexia e os investimentos no ámbito das TICs supoñen unha vantaxe competitiva de Galicia con respecto a outros sistemas de saúde, non só a nivel nacional senón incluso internacional, polo que nos últimos anos Galicia se posicionou como un referente en innovación no ámbito sanitario.
Na inauguración da xornada TransformaS, asegurou que desde Galicia estanse liderando proxectos europeos que se unen á iniciativas como a historia clÃnica electrónica única, a aposta pola telemedicina, o recoñecemento da Comunidade como Rexión Europea de referencia en envellecemento activo, o modelo de innovación aberta do Sergas e a experiencia, pioneira, en Compra Pública Innovadora (CPI), que continúa co novo plan Código 100, cun financiamento previsto de 13 millóns de euros ata 2019.
Vázquez Almuiña lembrou que en 2010 a ConsellerÃa de Sanidade fixo unha aposta por incorporar de maneira estratéxica a innovación como panca de cambio do sistema para adaptar o sistema de saúde aos novos retos da sociedade. Naceu asà a Plataforma de Innovación Sanitaria como un equipo multidisciplinar de profesionais, co obxectivo de servir de canle de comunicación para facilitar que calquera traballador puidera facer propostas de mellora baseadas no seu propio coñecemento. Sete anos despois, explicou, xurdiron moitos proxectos que en gran medida se articularon en dous plans de innovación (H2050 e InnovaSaúde) e sete nodos de innovación, en cada unha das Estruturas de Xestión Integrada (EOXIs), dos que forman parte máis de 120 profesionais.
Na súa intervención, o conselleiro salientou o potencial do Sergas para xerar coñecemento e actuar como motor da economÃa galega, xa que, dixo, unha sociedade avanzada é aquela que aposta polo coñecemento. “Por iso, nos últimos anos traballamos en valorizar o coñecemento xerado polos nosos profesionais, facilitando a súa transferencia á práctica clÃnica, ao mercado e á sociedade”, declarou.
Tamén en 2010 solicitouse a primeira patente con titularidade Sergas. Neste sentido, Vázquez Almuiña sinalou que as patentes supoñen a protección do coñecemento pero son só un primeiro paso no longo proceso de transferencia: “Fai falla moito máis que patentar para de verdade ter un impacto e producir un retorno para a sociedade, que é o fin último”.
O titular de Sanidade concluÃu a súa intervención avogando por contar cos profesionais desde unha perspectiva integradora, que permita aproveitar ao máximo o potencial como organización, captar e apoiar as numerosas ideas innovadoras que existen entre eles; e por facer o mesmo cos outros axentes que acompañan ao Sergas neste proceso, como empresas, centros e asociacións.
“Somos unha organización de coñecemento, pero fóra do Sergas hai tamén moito coñecemento, moitas ideas, moitas innovacións e novas tecnoloxÃas, e debemos ser quen de integralas e axustalas ás nosas necesidades da mellor maneira posible, para avanzar non só como sistema de saúde senón como sociedade”, afirmou.
150 participantes no encontro
O encontro TransformaS, organizado pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), conta con arredor de 150 participantes que inclúen investigadores, xerentes, inversores e prescriptores do sistema de saúde, procedentes da ConsellerÃa, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Innovación, os institutos e fundacións biomédicas, as universidades, XesGalicia, interlocutores da Administración en procesos de transferencia e outros axentes de relevancia no contorno da innovación na Comunidade Autónoma.
A xornada estrutúrase en tres bloques. O primeiro deles estuda como transformar a cultura da organización cara un modelo de innovación aberta, con paneis sobre o papel do paciente, os centros sanitarios e as oportunidades de desenvolvemento e a xestión das iniciativas innovadoras. Conta, asà mesmo, cunha mesa coloquio sobre a cultura innovadora.
O segundo centrarase en como valorizar o coñecemento que se xera nos hospitais, e nel intervirán diversos expertos e investigadores dos tres Institutos de Investigación Sanitaria de Galicia.
O terceiro bloque, que se desenvolverá pola tarde, tratará sobre como incorporar tecnoloxÃas innovadoras a través da CPI nunha mesa coloquio. Nela participarán representantes das institucións que interveñen en procesos de CPI, profesionais e empresas que participaron en procesos de CPI impulsados polo Sergas; e pacientes e profesionais que se están beneficiando de produtos resultados destes procesos.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.