
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na presentación da tradución ao galego de 'Todo isto che darei', coa que Dolores Redondo gañou o Premio Planeta 2016. Ao acto, que contou coa presenza da propia autora, tamén asistiron o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado; o alcalde de Monforte, José Tomé; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, entre outros.
'Todo isto che darei' é unha novela negra que ten unha dobre vinculación con Galicia, tal como explicou o conselleiro Román Rodríguez. Dunha banda polas orixes da propia autora (con antepasados paternos en Pontevedra e coa súa avoa materna en Corme), e pola propia trama, ambientada na Ribeira Sacra. O conselleiro salientou precisamente a importancia que ten a elección do espazo dunha novela na promoción turística e cultural e na dinamización económica dunha zona concreta. Neste senso destacou que a novela de Dolores Redondo reflicte a esencia da Ribeira Sacra, un espazo no que se sintetizan natureza, paisaxe, arte e traballo na terra; e sobre o que a Consellería está a traballar para a súa declaración como Ben de Interese Cultural.
Tras agradecer a Dolores Redondo esta obra, Román Rodríguez lembrou que é o cuarto Premio Planeta un dos máis prestixioso do panorama nacional vinculado con Galicia, e que previamente recibiron Fernando Bermúdez de Castro, Torrente Ballester e Camilo José Cela.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.