Notas de prensa

Poetas, investigadores e artistas de Irlanda e Galicia, no seminario Eco-Fictions

Persoal investigador das tres universidades galegas e de catro irlandesas así como poetas e artistas dos dous países danse cita o xoves 15 de decembro na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela no Seminario Internacional Eco-Ficcións para presentar as achegas máis recentes da ecocrítica e as humanidades medio ambientais.

Entre o claustro de relatores destacan a escritora galega Marilar Aleixandre, recentemente elixida membro da Real Academia Galega; a poeta irlandesa Eiléan Ní Chuilleanáin, nomeada ‘Ireland Professor of Poetry’ polo presidente de Irlanda en 2016; e a artista especializada en música tradicional irlandesa Mary Mc Partlan, Fulbright Ireland Ambassador da National University of Ireland.

O encontro está organizado polo grupo de referencia competitiva ‘Discurso e Identidade’ que coordina Laura Lojo, o proxecto de investigación ‘Eco-Ficcións’ coordinado por Manuela Palacios e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC. Así mesmo, o seminario conta coa colaboración do ‘Irish Itinerary’ da Federación Europea de Asociacións e Centros de Estudos Irlandeses (EAFCIS).

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-12-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES