
A primeira das actividades será a mesa redonda Traducir a Valle-Inclán na que, ás 12.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, intervirán os tradutores e especialistas na obra do escritor galego Dianella Gambini, da Universitá per Stranieri di Perugia; Bruce Swansey, do Trinity College de Dublín; e Dolors Sabaté Planes, da USC.
Xa ás 19.00 horas no Salón Nobre de Fonseca terá lugar a conferencia de clausura Retratos e caricaturas de Valle-Inclán: alegorías de si mesmo, impartida polo profesor da USC José Manuel López Vázquez. A continuación haberá unha visita guiada ás tres seccións da exposición Valle-Inclán, xenio e figura.
Os actos do 150 aniversario contaron co patrocinio da Universidade de Santiago, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega e a colaboración da Facultade de Filoloxía e da súa biblioteca, da Biblioteca Xeral da USC, da Fundación da Cidade da Cultura e do CAFI.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.