Notas de prensa

Preto de 200 traballos aspiran a ser finalistas no III Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo

O certame, presentado este xoves, celebrarase do 14 ao 16 de decembro na Facultade de Ciencias da Comunicación. Comezou coa proxección do documental Cesteando, a cargo do seu director Plácido Romero e do protagonista Toño de Val, que narra a poética e orixinal reflexión da liberdade persoal coa historia de vida dun cesteiro de Lobeira.

O programa da terceira edición do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo (FICCVelo) comezou na Facultade de Ciencias da Comunicación coa presentación e proxección do documental ‘Cesteando’ a cargo do seu director Plácido Romero e do protagonista Toño de Val. A cinta ofrece unha poética e orixinal reflexión contemporánea sobre a liberdade persoal no mundo rural galego a través da historia de vida do seu protagonista, un cesteiro que vive en Lobeira, na Serra de Laboreiro. Con anterioridade a esta estrea, o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira, o decano da Facultade, Xosé R. Pousa, así como representantes das diversas entidades colaboradoras presentaron o programa do certame.

Entre o 14 e o 16 de decembro na propia Facultade compostelá, este Festival Internacional presentará ao público unha retrospectiva inédita arredor dos fondos do arquivo da Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e a proxección dos dez traballos finalistas seleccionados entre as obras documentais e de ficción recibidos a concurso. A cada unha destas proxección precederaa unha serie de mesas redondas sobre o rural de Galicia e a súa relación coa produción audiovisual. O FICCVelo acollerá ademais o estreo dunha obra de produción propia sobre Carlos Velo en México así como debates sobre a necesidade de recuperar e manter viva a memoria material e inmaterial dos pobos do mundo.

Nesta edición, o certame recibiu preto de 200 obras procedentes de España, Uganda, Italia, Arxentina, Luxemburgo, Venezuela, Reino Unido, Rusia, Noruega, Colombia, Francia, Brasil, Serbia, Suíza, Xeorxia, así como de Galicia, entre outros. Do total, unicamente 70 superaron a primeira fase de selección, un proceso que involucra a alumnado da USC en colaboración coa Comisión de Selección para recoller as dez obras finalistas sobre as que posteriormente deliberará o xurado e cuxo ditame darase a coñecer o 16 de decembro na Cerimonia de entrega de premios e clausura do festival.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2016-12-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES