Notas de prensa

A obra Tartufo, do CDG, chega a Ourense con dúas funcións no Teatro Principal

O galardoado Carles Alfaro dirixiu a versión galega do clásico de Molière que chega a Ourense co CDG. Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá e Patricia Torres conforman o elenco do espectáculo, que reflexiona, desde a comedia, sobre a impostura e a manipulación.

A xira do Centro Dramático Galego (CDG) con Tartufo, versión galega da coñecida comedia de Molière, pon rumbo cara ao Teatro Principal de Ourense, onde o espectáculo se representa o sábado 3, ás 20.30 horas, e o domingo 4, ás 19.00 horas. O galardoado director valenciano Carles Alfaro é o responsable da posta en escena desta montaxe, para a que contou cun equipo artístico e técnico galego. Entre os profesionais implicados na última produción propia do CDG, atópanse nomes indiscutibles do noso teatro xunto a novos valores que están a iniciar a súa traxectoria nos escenarios.

Ademais dos 10 actores e actrices que integran o elenco (Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá e Patricia Torres), forman parte deste equipo Baltasar Patiño no deseño da escenografía, Diego Valeiras no do vestiario, Anxo Graña na composición musical, Trini F. Silva na caracterización, Loli Ramos na tradución, Roi V. Ponte no asesoramento lingüístico e Vanesa Sotelo na asistencia de dirección.

Primeira produción da temporada

A elección deste clásico do teatro francés para abrir a temporada 2016-2017 do CDG tivo moito que ver co feito de que o propio Molière fora actor e, como tal, primara o traballo interpretativo para reflexionar desde a comedia sobre os perigos da impostura e do artificio. Tanto no orixinal como nesta adaptación, ‘Tartufo’ pon o foco sobre aquelas persoas que posúen a capacidade de detectar as debilidades e vulnerabilidades dos demais para empregalas no seu beneficio, pero tamén sobre aquelas que se deixan manipular de xeito máis ou menos consciente.

Trátase, segundo o director Carles Alfaro, dunha proposta lúdica e lúcida, que busca reflectir os claros e escuros da obra orixinal e, ao tempo, ser fiel á ollada tenra, crítica e burlesca, tamén cara a si mesmo, que caracteriza o conxunto da obra de Molière.

Venda de entradas

A venda anticipada de entradas para as dúas funcións en Ourense está operativa a través do web entradas.ataquilla.com. Tamén se poden adquirir fisicamente no despacho de billetes do Teatro Principal, nos seguintes horarios: venres, de 12.00 a 14.00 h; sábado, de 12.00 a 14.00 e desde as 18.30 h; e domingo, de 12.00 a 14.00 e desde as 17.00 h.

‘Tartufo’, que se estreou o 23 de setembro en Santiago e puido verse tamén en Tui, A Coruña, O Barco de Valdeorras, Rianxo e Pontevedra, represéntase esta mesma tarde no Teatro Afundación de Vigo. Tras o seu paso por Ourense, a xira entrará na súa recta final con dúas últimas funcións programadas: 17 de decembro no Auditorio Municipal de Cangas e 30 de decembro no Teatro Jofre de Ferrol.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-12-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES