
O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, coñeceu de primeira man os servizos e programas que desenvolve a Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS) durante unha visita ás instalacións desta entidade. A administración autonómica achega este ano un total de 1.364.055,24 euros ao concerto de 139 prazas públicas de atención diúrna e residencial nos centros que xestiona ASPNAIS, cuxos 50 anos de traxectoria no campo da discapacidade a converten nun referente en Galicia.
Rey Varela salientou o traballo de ASPNAIS por conseguir que os usuarios dos seus servizos teñen unha vida o máis integrada posible nos ámbitos social, educativo e laboral; así como por visualizar as diferentes capacidades daqueles que nacen cun diagnóstico que, a modo de sentenza, os condena a demostrar con máis esforzo que calquera outra persoa a súa valía, dixo. Nesta liña, o responsable en funcións da área social da Xunta garantiu o apoio e colaboración do Goberno galego neste compromiso compartido por todos de avanzar polos dereitos, a integración e a visibilidade das persoas con discapacidade intelectual.
Ao respecto, Rey Varela explicou que a proposta da Xunta de Galicia é garantir que as familias poidan elixir o centro que desexen para os seus fillos ou outros parentes dependentes que teñan ao seu cargo, de aí a modificación da Lei de Servizos Sociais. Ao fío disto, o conselleiro interesouse polo novo proxecto de ASPNAIS, que ten a intención de seguir ampliando os servizos que presta a través do novo centro que está a habilitar nas instalacións do antigo Hospital San José.
Medio século de traxectoria
A Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo constitúese en 1966, polo que este ano cumpre os seus primeiros 50 anos de vida. O seu obxectivo é integrar social, educativa e laboralmente ás persoas con algún tipo de discapacidade intelectual.
A entidade dispón de máis de 40 persoas no seu equipo de profesionais, entre coidadores, psicólogos, mestres...; e as infraestruturas coas que conta son as seguintes: o centro de día José López (40 prazas, 26 concertadas); dous centros ocupacionais o Manuel Millán (80 prazas, 71 concertadas) e o ASPNAIS Nº2 (55 prazas); o centro residencial Concepción Teijeiro Revilla (42 prazas, 35 concertadas); unha residencia para persoas gravemente afectadas (7 prazas, todas elas concertadas); e unha vivenda tutelada (4 prazas).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.