
A partir desa anécdota, e coa vida de Dalton como fío condutor, o xornalista e divulgador científico Antonio Martínez Ron (Madrid, 1976) reconstrúe no seu libro El ojo desnudo unha historia do noso coñecemento da visión e da luz a vez que explica por qué vemos como vemos e cómo alcanzamos a comprender fenómenos que van moito máis aló do que os nosos sentidos detectan. Nas súas páxinas, o autor tenta dar resposta a cuestións como que é a cor, a luz ou como aprendemos a mirar o universo. Unha viaxe desde o ollo dos primeiros homes que observaron o ceo a simple vista ata o de aqueles que deron volta aos instrumentos para mirar dentro de nós mesmos.
El ojo desnundo presentarase o mércores 9 de novembro no Museo de Historia Natural da USC ás 20.00 horas nun acto no que ademais do autor intervirán Manuel Vicente, de Efervescencia, e Juan Ignacio Pérez Iglesias, coordinador da cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU e autor do prólogo do libro. Na organización participan Divulgacción e Regueifas de Ciencia'16.
O autor
Antonio Martínez Ron traballa como redactor xefe de Next, a sección de Ciencia de Vozpopuli.com, e é colaborador do programa Órbita Laika (TVE) e de medios como a revista Quo, Yahoo! e Onda Cero. Dirixiu o documental El mal del cerebro, premio Boehringer 2013 ao mellor traballo de xornalismo de Medicina, e desde 2003 recolle os seus "asombros diarios" en Fogonazos.es.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.