
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse ao traballo conxunto entre emprendedores, universitarios, investigadores e inversores como a mellor ferramenta para seguir escribindo o futuro de Galicia.
Así o expresaba o xefe do Executivo galego en funcións na inauguración de Spin 2016, un evento de emprendemento universitario que se está a celebrar en Santiago e que conta coa presenza de 3.000 asistentes, 20 países, 100 universidades, 100 inversores e 50 ponentes.
Alí, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Feijóo puxo en valor a cooperación porque, como asegurou, no mundo de hoxe non podemos camiñar sós. Neste senso, fixo fincapé en que todo consiste en saber situar a cada un no lugar onde renda mellor e lograr que o equipo resultante sexa moito máis que a suma dos seus integrantes.
O presidente da Xunta en funcións subliñou que o reto global casa mal co illamento ou a desconfianza cara o outro e incidiu na importancia de fundamentar o emprendemento en soños, ideas e equipos.
Por outra banda, Feijóo concluíu que o emprendemento, a ansia de coñecemento e a certeza de que a verdade nos fai libres non son privativos de ningunha cultura ou crenza, senón que forman parte da esencia do ser humano.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.