Notas de prensa

O FETEGA reúne ás mellores compañías de teatro de Galicia na súa XXVII edición, no Carballiño

A presentación do festival tivo lugar no Pazo Provincial, coa presenza de Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; do director de AGADIC, Jacobo Sutil; da directora do FETEGA, Josi Lage, e de actores das compañías que actuarán no festival.

O Festival de Teatro Galego, FETEGA, chega este ano a súa XXVII edición, sendo o festival máis antigo da comunidade e convertido nun referente da cultura e do teatro galego. A presente edición, na que colabora a Deputación de Ourense e que se celebrará entre os días 6 ao 9 de setembro no Carballiño, presentouse no Pazo Provincial, coa presenza do vicepresidente do goberno provincial, Rosendo Fernández; do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; do director de AGADIC, Jacobo Sutil; da directora do FETEGA, Josi Lage, e de actores das compañías que actuarán no festival.

O programa conta con espectáculos pensados para todos os públicos. Durante catro xornadas O Carballiño volverá converterse na capital do teatro galego, sendo o FETEGA o único festival que se centra exclusivamente nas artes escénicas producidas en Galicia. As representacións realizaranse no anfiteatro exterior do Carballiño e no Auditorio Municipal, sendo as do anfiteatro (ás 20:00 horas) as seguintes: “Encontros”, de Pistacatro Productora de Soños, que abrirá a xornada o martes día 6; “Girisho: The king of the circus", da compañía Desastronauts, que fará as delicias do público o mércores día 7; “Trasno”, de Pistacatro Productora de Soños, o xoves día 7, e por último, pecha as actuacións “UP2DOWN”, da compañía Traspediante.

No Auditorio Municipal as representacións serán as 22:30 horas e nesta ocasión o festival aposta polas seguintes obras: O martes 6, unha obra con 7 nominacións aos premios “María Casares”: “Ensaio sobre a cegueira”, da compañía Sarabela Teatro. Continúa o mércores 7, alzando a voz contra a violencia de xénero, coa obra “Unhas poucas picadelas”, da compañía Teatro de Ningures. O xoves 8 chega ao Auditorio a recoñecida compañía Teatro do Morcego, que representará a obra “Nosa señora das nubes”. E por último, pecha o FETEGA, o venres 9 “Monólogo do imbécil”, da compañía Eme2, seguida da gala de entrega de premios, que nesta ocasión, conta para presentala coa actriz Isabel Blanco.

O programa do FETEGA complétase con actividades paralelas, que abranguen obradoiros, teatro na rúa e conferencias, que se desenvolverán na vila do Carballiño en horario de mañá e tarde entre os días 6 e 9 de setembro.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2016-09-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES