Notas de prensa

A feira internacional Womex 2016 busca voluntari@s en Santiago de Compostela

Womex, a maior feira internacional de world music, busca voluntarios e voluntarias que queiran ser parte deste evento, que se celebra en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro. O prazo de inscrición permanece aberto ata o 5 de outubro e os voluntari@s poden asistir a máis de 50 concertos e actividades.

Os voluntarios/as de Womex poderán asistir a máis de 50 concertos e outras actividades, coñecer artistas, xornalistas e xente do mundo da música de máis de 100 países. Ademais coñecerán como funciona por dentro un evento internacional destas características.

Womex busca mozos e mozas (de espírito, a idade non importa) que falen inglés de xeito fluído, que lles guste a música e que conten cunha mínima dispoñibilidade horaria durante os días do evento.

Os voluntarios e as voluntarias realizarán labores de apoio á organización tales como preparar, estruturar e achegar información aos/ás asistentes, guiar a músicos e participantes, complementar os labores de atención ao público, etc. O coñecemento da cidade é tamén un valor engadido.

Os/as interesados/as deben inscribirse no Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) da USC, situado na Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social (rúa das Casas Reais, 8, 15782. Santiago de Compostela). Non é preciso ser alumno/a da USC, pero de selo, este voluntariado servirá tamén para obter recoñecemento académico. Máis información na web do SEPIU.

Para calquera dúbida, pode enviarse un correo electrónico á dirección [email protected].

Womex é o maior encontro mundial de world music, que inclúe unha feira profesional, uns 60 showcases (concertos), e atrae a uns 2.800 delegados e 1.260 empresas de máis de 90 países, entre os que hai 800 programadores, máis de 500 selos, editores e distribuidores, así como máis de 300 xornalistas (e 130 emisoras de radio). Ademais, tamén acolle un DJ Womex Summit; conferencias e mentoring a cargo de 80 oradores e mentores de máis de 25 países; proxeccións de filmes, etc.

Womex’16 encherá de novo Compostela de música do 19 ao 23 de outubro nos seguintes espazos:

- Womex Day: feira profesional na Cidade da Cultura, daycases, premios, conferencias, networking, filmes, encontros profesionais...

- Womex Night: uns 60 showcases, así como unha programación de cine celebraranse durante tres noites en diferentes espazos da Cidade Vella: praza da Quintana, Teatro Principal, Salón Teatro, Auditorio Abanca, Numax e Sala Capitol.

Womex’16 está apoiado polo Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e INAEM, entre outras institucións, ademais de Mahou.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2016-09-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES