
Surrealismo cínico e socarrón directo á médula do oínte, ou coma se eo veleno da picadura dun escorpión tricéfalo encarnárase en Jim ORourke, Stephen Merritt y Mark Everett.
Na súa última entrega, a epopeia Cabello de Ángel, Tocino de Cielo, os seus textos -non tan oníricos e as veces desesperadamente terapéuticos- retratan o fanatismo costumbrista dun pasado, pero visto dende a vergoña allea, a que por obriga familiar tocoulle vivir. Tanta tanta, coma para ter que sacar a cabeza do burato e non caer afundido ante o diván del psicólogo.
Tapado de oro imprescindible da música contemporánea ibérica, Remate compartiría banquillo con Dalí para afirmar aquelo de surrealismo soy yo
Aínda áxil, veloz e con extrema pulcritude: Tal como una araña a punto de comerse una mosca.
Como en edicións anteriores, os concertos serán gratuítos, sendo isto posible grazas ao traballo desinteresado dos socios de Desconcierto Cultural e ao apoio do Concello de Santiago de Compostela; dos nosos patrocinadores: SON Estrella Galicia, Vermú Lodeiros e Grupo Reboreda Morgadío; dos colaboradores: Hotel Costa Vella, Restaurante Resas e MAS\GALICIA; e por suposto, dos titulares dos espazos nos que celebramos os concertos.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.