
A Consellería de Cultura e Educación colabora, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), na produción en versión semiescénica da ópera Falstaff, de G. Verdi, que será estreada o 3 de setembro no Pazo da Ópera da Coruña baixo a dirección musical de Alberto Zedda e con Ainhoa Arteta e Bryn Terfel nos papeis principais.
Esta será a cita central da vindeira actividade promovida pola Asociación Amigos da Ópera da Coruña, que abrangue unha programación composta por outros recitais e diferentes accións para o fomento do xénero lírico e que hoxe foi presentada no Pazo de María Pita polos seus organizadores e patrocinadores.
A presentación contou coa participación do director da Agadic, Jacobo Sutil, quen situou o apoio da Xunta de Galicia a Amigos da Ópera nun marco continuado de cooperación coa finalidade de facilitar o encontro do público galego co xénero operístico e coas grandes obras líricas do patrimonio universal, así como de afianzar en Galicia unha programación operística de carácter estable e do máximo nivel, tal como recolle o convenio de colaboración asinado o pasado 22 de xuño entre ambas as dúas entidades.
Con este apoio concreto diriximos o noso obxectivo a distintos ámbitos, tales como o do fomento da afección musical, a dinamización socioeconómica a carón da cultural, a posta en valor do traballo dos nosos intérpretes e profesionais ou a presenza de Galicia no mapa dos circuítos de distribución internacional da música clásica e do bel canto, engadiu o director da Agadic.
Homenaxe a Shakespeare
Falstaff, considerada a última gran obra mestra de Verdi, é unha comedia lírica en tres actos con libreto de Arrigo Boito e baseada en dúas obras de Shakespeare: Enrique IV e As alegres comadres de Windsor, polo que, coa súa programación na Coruña, réndese tamén homenaxe ao dramaturgo británico na conmemoración do 400 cabodano da súa morte.
A versión semiescénica que se ofrecerá na Coruña a cargo de Gustavo Tambascio conta coa dirección musical de Alberto Zedda á fronte da Orquestra Sinfónica de Galicia e do Coro Gaos, así como cun reparto de primeira liña internacional integrado, entre outros, polo barítono-baixo galés Bryn Terfel (una das grandes figuras mundiais da lírica actual), as sopranos Ainhoa Arteta e Ruth Iniesta, a mezzosoprano Marianne Cornetti, os tenores José Francisco Pardo e Francisco Corujo, e mais o barítono Juan Jesús Rodríguez.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.