
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos e cine ao aire libre da Cidade da Cultura, volve o xoves, 7 de xullo, a poñerlle banda sonora ás tardiñas do verán. Por sexto ano consecutivo, a praza central do Gaiás convértese no mellor escenario no que gozar do solpor ao ritmo das bandas máis destacadas do momento. McEnroe, Novedades Carminha e Alondra Bentley serán os encargados de abrir unha carteleira, que este ano inclúe proxeccións audiovisuais como novidade.
Atardecer no Gaiás arranca por todo o alto cunha das mellores bandas de música independiente do país: McEnroe, que chega ao Gaiás co seu quinto disco baixo o brazo, Rugen las flores, once cancións de vendaval emocional, momentos de luz, electricidade, melancolía e soidade.
Tras a sesión inaugural, Atardecer no Gaiás recibirá o venres, 8 de xullo, a Novedades Carminha no seu escenario. A irreverencia como sinal de identidade e cancións pegadizas, acedas e gamberras como fórmula para ser, como reza o seu último disco, Campeones del mundo. Así son Novedades Carminha, que chega á Cidade da Cultura para dalo todo e, como non, para facervos bailar.
Á actuación de Novedades Carminha seguirá unha festa na Cantina do Gaiás, cunha sesión DJ a cargo de Rafa Morcego, con máis rock and roll para continuar a noite.
O cartel desta semana péchase con coa voz case divina de Alondra Bentley, esta cantautora que escribe cancións que trascenden xéneros e nacionalidades. O seu solpor estará cheo de letras delicadas e deliciosas do seu último disco Rosolutions, con son máis pop do que nos ten acostumados.
De balde na praza central
Atardecer no Gaiás terá lugar os xoves, venres e sábados de xullo e agosto a partir das 21:00 horas e con entrada de balde. Pola praza central pasarán bandas como Mucho, The Soul Jacket, a Orquestra de Cámara Galega, Os Amigos dos Músicos ou Marc Jonson. E como novidade, Atardecer no Gaiás incorpora catro sesións de cine ao aire libre, nas que se proxectarán filmes de temática musical, precedidas dunha sesión DJ.
Así, a carteleira estará formada por Taking Woodstock, dirixida por Ang Lee; The Commitments, de Alan Parker; Sigur Rós-Heima e un último filme homenaxe a David Bowie.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.