Notas de prensa

A Xunta e Feiraco entregan os premios de microrrelatos Letras Galegas 2016, que promoven a dinamización social do idioma

Gael Pérez, Sergio Aller, Rosa Pérez e Andrea Fernández foron os gañadores desta quinta edición, na que participaron 170 persoas. Esta iniciativa enmárcase dentro dos obxectivos 2015-2020 no tecido económico, que pretenden estender o uso do galego no sector empresarial e, en consecuencia, en toda a sociedade.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na entrega de premios que outorga Feiraco, en colaboración coa Consellería, con motivo da quinta edición do concurso de microrrelatos Letras Galegas 2016. Os galardoados nesta ocasión foron Gael Pérez, por ‘Coma por coma’; Sergio Aller, por ‘Maldita palabra’; Rosa Pérez, por ‘Incompetencia amatoria’; e Andrea Fernández, por ‘Vellez namorada’.

O primeiro clasificado recibiu unha Enciclopedia Galega Universal, un lote de libros de literatura en lingua galega e un lote de produtos Feiraco. Os premiados co segundo, terceiro e cuarto galardón tamén foron agasallados coa dita Enciclopedia e mais co lote de produtos lácteos.

Un total de 170 participantes

Para poder participar neste certame, que acadou unha importante participación ao pasar dos 103 inscritos o ano pasado aos 170 desta edición, era preciso estar rexistrado en Facebook como fan da fábrica e compartir na aplicación do concurso un microrrelato orixinal, escrito en galego, cunha extensión máxima de 500 caracteres e que comezara coa frase “Levamos toda a nosa vida amando a palabra”, dun poema de Manuel María, autor homenaxeado este ano coas Letras Galegas.

Impulso do galego na empresa

Esta iniciativa axuda a visibilizar o compromiso de Feiraco co idioma propio, así como a estender o seu uso entre a sociedade en xeral. Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería de Cultura e Educación elaborou, en colaboración cos diferentes sectores implicados, o Plan de dinamización da lingua no tecido económico 2015-2020, orientado a fomentar a utilización do galego no mundo da empresa, tendo en conta o efecto multiplicador que podería xerar na sociedade.

Así mesmo, tamén está traballando nun Plan de dinamización da lingua galega entre a mocidade, co fin de potenciar o galego como a lingua de relación na mocidade, reforzar a utilización do idioma entre os galegofalantes e proporcionarlle modelos lingüísticos galegófonos de referencia aos mozos e mozas de orixe castelanófona.

Diversas campañas no ámbito cultural e educativo

Pola súa banda, Feiraco constitúe desde a súa fundación un exemplo de compromiso empresarial, tanto nos seus valores e métodos de traballo dirixidos á vertebración do tecido social e do desenvolvemento económico, como noutras actividades con proxección social que a cooperativa leiteira leva posto en marcha ao longo a da súa historia. Exemplos da súa aposta pola identidade patrimonial, cultural e tradicional son as campañas implementadas coincidindo coa celebración de efemérides anuais como poden ser as Letras Galegas, o entroido ou as postas en marcha en colaboración co ámbito educativo para achegarlles a realidade dos procesos produtivos a escolares de toda Galicia, no marco das súas accións de responsabilidade social.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-06-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES