
O 27 de abril de 1916, en plena Guerra Mundial, Valle-Inclán viaxou a Francia, onde permaneceu dous meses durante os cales realizou varias visitas á fronte de guerra. Desa intensa experiencia deixou constancia escrita nun pequeno caderno de notas de carácter estritamente privado que dá conta das observacións e impresións do escritor sobre os efectos da guerra na vangarda e a retagarda francesas que coñeceu.
Ese caderno, un manuscrito rigorosamente inédito, publícao agora a Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán da USC en Con el alba. El Cuaderno de Francia (1916). Manuscrito inédito de Ramón del Valle-Inclán, facsímile, estudo e edición a cargo da profesora Margarita Santos Zas, directora da colección.
O volume preséntase o martes 21 de xuño ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome nun acto que preside o reitor Juan Viaño e no que ademais da profesora Santos intervirán o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco, e o neto de Valle-Inclán, Javier del Valle-Inclán Alsina.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.